Souto da Retorta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+ coordenadas
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎O Avó de Chavín: engado ligazón ó DOG de árbores senlleiras
Liña 13:
Os eucaliptos do Souto da Retorta plantáronse a partir de [[1860]] para a drenaxe das terras baixas que se anegaban con frecuencia a consecuencia das arroiadas dos regatos tributarios do río Landro. Destacan por alcanzar unha altura considerable, as maiores da península e das maiores de Europa, e entre eles cómpre salientar o '''Avó de Chavín''', de 126 anos, unha altura de 71,4 metros e un perímetro de 7,6 metros. Non é o exemplar máis alto do eucaliptal pero si o de maior porte <ref>Turgalicia cita no eucaliptal alturas de 80 metros; Leiro Lois dá cifras de 67 m de altura, 2,5 m de diámetro e 10,5 de perímetro, referidas concretamente ó ''Avó''.</ref>.
 
Está incluído dentro do Catálogo galego de árbores senlleiras <ref>[http://www.xunta.es/dog/Publicados/2007/20070417/AnuncioD506_gl.html Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo
que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras (DOG nº 74, de 17 de abril de 2007)].</ref>.
 
En [[2010]] foi nomeado ''Árbore do ano'' nos premios ''Árbol y Bosque del Año'' organizados pola organización ''Bosques sin Fronteras'' e a Fundación Biodiversidade <ref>”O Avó de Chavín es el gigante del año”, en ''La Voz de Galicia'' 20.11.2010 [http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2010/11/20/0003_8860656.htm] [http://www.elmundo.es/elmundo/2010/11/19/galicia/1290187117.html].</ref>.