Sempre en Galiza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
cursiva
Lameiro (conversa | contribucións)
lig. int. cara homónimos
Liña 25:
}}
'''''Sempre en Galiza''''' é un libro de ensaio político escrito por [[Castelao]], considerado a obra canónica do [[nacionalismo galego]]. <br>
No libro axúntanse artigos, ensaios, conferencias, discursos xunto a material pensado especificamente para a obra. O limiar da obra, ''Adro'', comprende os artigos que dende [[Badaxoz]] escribiu para ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'' en [[1935]]. A primeira parte escribiuna entre [[Valencia - València|Valencia]] e [[Barcelona]] en [[1937]], orixinariamente publicouse na forma de artigos no xornal que os galegos exiliados publicaban en [[Madrid]], ''[[Nueva Galicia (Madrid)|Nueva Galicia]]''. A segunda parte escribiuna en [[Nova York]] e durante a viaxe que o levou a [[Bos Aires]] en [[1940]]. O resto escribiuno en Bos Aires entre [[1942]] e [[1943]].<br>
A obra publicouse o [[10 de marzo]] de [[1944]] en Bos Aires e a [[Galicia]] chegou de xeito clandestino.
 
==Contido==
===Adro===
Constituído por 14 capítulos que apareceran como artigos co título xenérico de "Verbas de chumbo" n' ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', teñen como eixo o posicionamento de Castelao no seo do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] verbo da súa orientación ideolóxica e da súa alianza co centro esquerda español, o que chocaba coa orientación do ata entón principal ideólogo do [[Galeguismo (política)|galeguismo]], [[Vicente Risco]], e que conduciría á súa marcha do PG.
 
Castelao realizou algunhas modificacións ó texto dos artigos, na maior parte de tipo lingüístico ou de estilo.