Columna (arquitectura): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: br:Kolonenn; cambios estética
Lameiro (conversa | contribucións)
lig. int. cara homónimos
Liña 10:
=== Base ===
[[Ficheiro:Korinthische Säulenordnung Entasis2.png.png|right|thumb|300px|Esquema dos compoñentes dunha columna]]
A [[base (arquitectura)|base]] ('''d''' no esquema), do [[latín]] ''base'' (planta do [[pé (anatomía)|pé]]), é o punto de ligazón do [[fuste]] co [[pedestal]] ou co [[estilóbata]] do edificio. Na [[arquitectura clásica]] posúe un tratamento estético de seu, que obedece aos principios da [[orde arquitectónica|orde]] empregada. Na antigüidade clásica a base comeza cunha placa cadrada chamada '''plinto''' ('''k''' no esquema) que pode ser seguida doutros discos de perfil cóncavo ou convexo ('''l''' no esquema) e que ten por obxectivo darlle maior plasticidade visual.
 
Nas ordes clásicas a base aséntase nunha construción en chanzos chamada '''krepis''' ou '''[[estereóbata]]''' ('''a''' no esquema) cuxo derradeiro nivel é o '''estilóbata''' ('''E''' no esquema). Este derradeiro nivel contaba cunha lixeira deformación cóncava á que acompañaba unha deformación convexa do entablamento, e que tiña como obxectivo contrarrestar a tendencia do ollo a conceder máis peso visual aos extremos dun prisma. O elemento cuneiforme que permite o correcto asentamento da base da columna sobre o estilóbata non horizontal é o '''scamillus''' ('''j''' no esquema).
Liña 45:
Segundo o momento histórico, o capitel clásico pode subdividirse nos seguintes elementos:
:'''Astrágalo''' (do [[Lingua grega|grego]] ''astrágalos''): [[moldura]] de perfil convexo ou en semicírculo. Facilita a instalación do capitel enriba do fuste.
:'''Equino''' (do grego '' echînos'', [[ourizo cacho|ourizo]]): presente no capitel da [[orde dórica]] é un elemento en forma de almofada sobre o ábaco.
:'''[[Ábaco (arquitectura)|Ábaco]]''' ('''n''' no esquema) (do grego '' abax'', cadro, mesa): placa cadrada e espesa que remata o capitel.
 
Liña 64:
* '''[[Arcada]]''': Serie de [[arco (arquitectura)|arcos]] apoiados en columnas (presente, p. ex. nos [[claustro]]s).
* '''Columna de fuste humano''': o fuste é substituído pola representación escultórica dunha figura feminina ([[cariátide]], ''kanephoren'' ou ''koren'') ou masculina ([[atlante (arquitectura)|atlante]], cos brazos levantados para soportar o peso da arquitrabe, ou ''kouroi'', da arte arcaica grega do [[mar Exeo]], cos brazos ao longo do corpo).
* '''Columna das bestas''': columna independente que xorde na época do [[Imperio romano]] (concretamente en [[Francia]] e [[Italia]]) e que presenta o fuste cuberto por [[relevo (arquitectura)|relevos]]s que representan [[panthera leo|leóns]] e [[animal|animais]] fantásticos loitando.
 
== Desenvolvemento histórico ==
=== [[Antigüidade]] ===
----
<gallery>