Endocitose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Cando a endocitose dá lugar á captura de partículas denomínase [[fagocitose]], e cando son soamente porcións de líquido as capturadas, denomínase [[pinocitose]].
 
A endocitose é por exemplo o método que utilizan as [[neurona]]s para recuperar un [[neurotransmisor]] liberado na [[sinapse|brecha sináptica]], para ser reutilizado. Sen este proceso, produciríase un fracaso na transmisión do [[impulso nervioso]] entre neuronas.
O proceso contrario á endocitose é a [[exocitose]].Endocitose e exocitose son dous procesos que están regulados pola célula para manter constante a membrana plasmática, xa que permiten a súa rexeneración pois os [[fagosoma]]s que conteñen as moléculas fagocitadas fórmanse a partir da [[membrana plasmática]] e cando o proceso de dixestión celular levado a cabo polos [[lisosoma]]s finaliza lévase a cabo a defecación celular por exocitose recuperándose a membrana utilizada para a formacion do fagosoma.
Liña 9:
A [[vesícula]] formada chámase endosoma que fusionará cun lisosoma onde se produce a dixestión intracelular do contido desta.
 
As células que levan a cabo a [[pinocitose]] presentan unha rexión na membrana plasmática que está recuberta por unha proteína (a clatrina) na súa cara [[citosol|citosólica]], de forma que, cando a molécula se deposita sobre esa rexión de membrana, se forma un carapuchón revestido que a arrodea, posteriormente perderá ese revestimento para poder ser dixerida polos lisosomas.
 
As células fagocíticas especializadas presentan receptores de membrana que cando contactan con fragmentos celulares inducen a formación de pseudópodos que a recobren formando os fagosomas.
 
Posteriormente os lisosomas se fusionan coa parede dos fagosomas vertendo as súas enzimas [[hidrólise|hidrolíticas]] que actúan a [[pH]] ácido (próximo a 5) e levan a cabo a degradación dos fragmentos celulares. Aquela parte que non pode ser dixerida eliminarase ó exterior mediante [[exocitose]] no proceso coñecido como defecación celular.
 
[[Categoría:Célula]]