Alvar Aalto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rubinbot (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: arranxiño
Liña 17:
Fillo dun enxeñeiro agrícola. Estudou arquitectura na Universidade Tecnolóxica de Helsinki (1916-1921). Abriu o seu primeiro estudio en [[1923]] en [[Jyväskylä]]. En [[1924]] casou coa tamén arquitecta [[Aino Marsio]]. A viaxe de vodas a [[Italia]] supuxo o encontro coa [[cultura mediterránea]] que tanta influencia tería na súa obra. En [[1927]] trasládouse a [[Turku]] onde construíu a sede do xornal que converte no seu manifesto arquitectónico. Posteriormente fixou a súa residencia en Helsinki.
 
En 1940 trasladouse ós [[Estados Unidos]], onde foi profesor de arquitectura no [[Instituto Tecnolóxico de Massachusetts]]. No 1950 voltou a Finlandia, despois da morte da súa muller.
 
Aalto tamén deseñou mobles e cristais. Defensor do [[funcionalismo]] e da [[arquitectura orgánica]]. Os seus edificios intégranse harmoniosamente na paisaxe, co que forman un todo arquitectónico, a madeira e o ladrillo foron os materiais preferidos. Deseñou 200 proxectos dos que a metade foron realizados.