Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Resorte»

m
 
Ola Resorte!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o [[Wikipedia:Xornal da Galipedia|Xornal da Galipedia]]. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción '''{{[[Template:Xornal|Xornal]]}}'''. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na [[Wikipedia talk:Xornal da Galipedia|páxina de discusión]]. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 22:16, 15 setembro 2006 (UTC)
 
== Redireccións ==
Boas, Resorte. Quería falar das últimas redireccións que fixeches, a de Primo de Rivera e a da Restauración.
*[[Primo de Rivera]], non sei se é o mellor redirixila ó dictador [[Miguel Primo de Rivera]], xa que polo apelido pode que sexa máis coñecido [[Joseantonio Primo de Rivera]], e logo tamén temos a [[Pilar Primo de Rivera]], na miña opinión, a entrada Primo de Rivera debería ser unha páxina de homónimos.
*A de Restauración (que é unha palabra con significado por si mesma) liga a [[restauración borbónica en España]]. Se ben é certo que na historia de España esa palabra fai referenza a unha época concreta, a ''Restauración borbónica'' tamén podería interpretarse como a volta ó poder dos Borbóns en Francia (penso en [[Luis XVIII]], tralo Imperio de Napoleón).
Das dúas entradas a que vexo que hai que repensar máis é a de Primo de Rivera. Sen máis, un cordial saúdo. --[[User:Adalbertofrenesi|Adalbertofrenesi]]<sup>[[User talk:Adalbertofrenesi|(fala)]]</sup> 15:56, 29 setembro 2006 (UTC)
2.743

edicións