Aminoácido cetoxénico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 10:
Para que se formen corpos cetónicos os aminoácidos, na súa degradación oxidativa, deben orixinar [[acetoacetil-CoA]] ou [[acetil-CoA]] <ref name="Lehninger">Lehninger A. Principios de Bioquimica (1988) Omega. Páxinas 544-545. ISBN 84-282-0738-0</ref>. Só en caso de que se formase piruvato ou intermediarios do ciclo de Krebs, podería entrarse na vía glicoxénica. Os produtos que orixinan os aminoácidos cetoxénicos poden verse na figura e son os seguintes:
* A [[leucina]] orixina [[acetil-CoA]] e [[acetoacetato]], que dá lugar a [[acetoacetil-CoA]].
* A [[lisina]] orixina en varios pasos, primeiro [[glutaril-CoA]] e despois este dá lugar a [[acetoacetil-CoA]].
* A [[fenilalanina]] e a [[tirosina]] orixinan primeiro acetoacetato, desprendéndose CO<sub>2</sub> nunha descarboxilación, e despois o acetoacetato orixina [[acetoacetil-CoA]]. Nestes aminoácidos 4 dos carbonos son desviados para formar [[fumarato]], que pode entrar na [[gliconeoxénese]], polo que estes aminoácidos son tamén glicoxénicos.
* O [[triptófano]] pode orixinar primeiro glutaril-CoA e este despois, acetoacetil-CoA, o que o fai cetoxénico, pero parte da molécula orixina o aminoácido [[alanina]], que se pode transformar en [[piruvato]], que é unha molécula gliconeoxénica, polo que o triptófano e tamén potencialmente un aminoácido gliconeoxénico.