Diferenzas entre revisións de «Aminoácido cetoxénico»

sen resumo de edición
Un '''aminoácido cetoxénico''' é un [[aminoácido]] que pode converterse en [[corpo cetónico|corpos cetónicos]], proceso chamado [[cetoxénese]]. O termo cetoxénico aquí contraponse co termo [[aminoácido glicoxénico]], que son os aminoácidos que se poden converter en glicosa, aínda que hai aminoácidos que poden ser tanto cetoxénicos coma glicoxénicos. Os aminoácidos cetoxénicos non poden converterse en glicosa, porque os carbonos dos corpos cetónicos entran no [[ciclo de Krebs]] como [[acetil-CoA]] e pérdense como CO<sub>2</sub>.
 
A capacidade que teñen os aminoácidos cetoxénicos de formar corpos cetónicos ponse claramente de manifesto na [[diabete|diabetes mellitus]] sen tratar, doenza na que se forman no fígado grande cantidade de corpos cetónicos, que proceden principalmente dos [[ácido graxo|ácidos graxos]], pero tamén, en parte, dos aminoácidos cetoxénicos <ref>Lehninger A. Principios de Bioquimica (1988) Omega. Páxinas 536544-545. ISBN 84-282-0738-0</ref>.
 
==Degradación dos aminoácidos cetoxénicos==
[[Ficheiro:Oxidative degradation amino acids miguelferig.jpg|thumb|right|380 px|Esquema das distintas rutas de degradación oxidativa dos aminoácidos. Os que dan lugar a acetoacetil-CoA ou acetil-CoA poden orixinar corpos cetónicos. Os que poden orixinar outras moléculas son glicoxénicos.]]
Para que se formen corpos cetónicos os aminoácidos, na súa degradación oxidativa, deben orixinar [[acetoacetil-CoA]] ou [[acetil-CoA]] <ref name="Lehninger">Lehninger A. Principios de Bioquimica (1988) Omega. Páxinas 344544-345545. ISBN 84-282-0738-0</ref>. En caso de que se formase piruvato ou intermediarios do ciclo d e Krebs, podería entrarse na vía glicoxénica, pero isto non ocorre. Os produtos que orixinan os aminoácidos cetoxénicos poden verse na figura e son os seguintes:
* A [[leucina]] orixina [[acetil-CoA]] e [[acetoacetato]], que dá lugar a [[acetoacetil-CoA]].
* A [[lisina]] orixina en varios pasos, primeiro [[glutaril-CoA]] e despois este dá lugar a [[acetoacetil-CoA]].
191.051

edicións