Diferenzas entre revisións de «Aminoácido cetoxénico»

sen resumo de edición
Un '''aminoácido cetoxénico''' é un [[aminoácido]] que pode converterse en [[corpo cetónico|corpos cetónicos]], proceso chamado [[cetoxénese]]. O termo cetoxénico aquí contraponse co termo [[aminoácido glicoxénico]], que son os aminoácidos que se poden converter en glicosa, aínda que hai aminoácidos que poden ser tanto cetoxénicos coma glicoxénicos. Os aminoácidos cetoxénicos non poden converterse en glicosa, porque os carbonos dos corpos cetónicos entran no [[ciclo de Krebs]] como [[acetil-CoA]] e pérdense como CO<sub>2</sub>.
 
A capacidade que teñen os aminoácidos cetoxénicos de formar corpos cetónicos ponse claramente de manifesto na [[diabete|diabetes mellitus]] sen tratar, doenza na que se forman no fígado grande cantidade de corpos cetónicos, que proceden principalmente dos [[ácido graxo|ácidos graxos]], pero tamén, en parte, dos aminoácidos cetoxénicos <ref>Lehninger A. Principios de Bioquimica (1988) Omega. Páxinas 536-545. ISBN 84-282-0738-0</ref>.
 
==Degradación dos aminoácidos cetoxénicos==
190.000

edicións