Diferenzas entre revisións de «Aminoácido cetoxénico»

==Degradación dos aminoácidos cetoxénicos==
Para que se formen corpos cetónicos os aminoácidos, na súa degradación oxidativa, deben orixinar [[acetoacetil-CoA]] ou [[acetil-CoA]]. En caso de que se formase piruvato ou intermediarios do ciclo d e Krebs, podería entrarse na vía glicoxénica, pero isto non ocorre. Os produtos que orixinan os aminoácidos cetoxénicos poden verse na figura e son os seguintes:
* A [[leucina]] orixina [[acetil-CoA]] e [[acetoacetato]], que dá lugar a [[acetoacetil-CoA]].
* A [[lisina]] orixina en varios pasos, primeiro [[glutaril-CoA]] e despois este dá lugar a [[acetoacetil-CoA]].
* A [[fenilalanina]] e a [[tirosina]] orixinan primeiro acetoacetato, desprendéndose un CO<sub>2</sub> nunha descarboxilación, e despois o acetoacetato orixina [[acetoacetil-CoA]]. Nestes aminoácidos 4 dos carbonos son desviados para formar [[fumarato]], que pode entrar na [[gliconeoxénese]], polo que estes aminoácidos son tamén glicoxénicos.
* O [[triptófano]] pode orixinar primeiro glutaril-CoA e este despois, acetoacetil-CoA, o que o fai cetoxénico, pero parte da molécula orixina o aminoácido [[alanina]], que se pode transformar en [[piruvato]], que é unha molécula gliconeoxénica, polo que o triptófano e tamén potencialmente un aminoácido gliconeoxénico.
190.049

edicións