Aminoácido cetoxénico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: en:Ketogenic amino acid
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
==Degradación dos aminoácidos cetoxénicos==
Para que se formen corpos cetónicos os aminoácidos, na súa degradación oxidativa, deben orixinar [[acetoacetil-CoA]] ou [[acetil-CoA]]. En caso de que se formase piruvato ou intermediarios do ciclo d e Krebs, podería entrarse na vía glicoxénica, pero isto non ocorre. Os produtos que orixinan os aminoácidos cetoxénicos poden verse na figura e son os seguintes:
 
* A [[leucina]] orixina [[acetil-CoA]] e acetoacetato, que dá lugar a [[acetoacetil-CoA]].
* A [[lisina]] orixina en varios pasos, primeiro [[glutaril-CoA]] e despois este dá lugar a[[acetoacetil-CoA]].
* A [[fenilalanina]] e a [[tirosina]] orixinan primeiro acetoacetato, desprendéndose un CO<sub>2</sub> nunha descarboxilación, e despois o acetoacetato orixina [[acetoacetil-CoA]]. Nestes aminoácidos 4 dos carbonos son desviados para formar [[fumarato]], que pode entrar na [[gliconeoxénese]], polo que estes aminoácidos son tamén glicoxénicos.
* O [[triptófano]] pode orixinar primeiro glutaril-CoA e este despois, acetoacetil-CoA, o que o fai cetoxénico, pero parte da molécula orixina o aminoácido [[alanina]], que se pode transformar en [[piruvato]], que é unha molécula gliconeoxénica, polo que o triptófano e tamén potencialmente un aminoácido gliconeoxénico.
* A [[treonina]] é tamén cetoxénica e glicoxénica, porque pode orixinar tanto [[acetil-CoA]] coma [[piruvato]].
* A [[isoleucina]] orixina [[acetil-CoA]] e [[succinil-CoA]], polo que tamén é cetoxénico e glicoxénica.
 
==Aminoácidos cetoxénicos==