Aminoácido glicoxénico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
==Degradación dos aminoácidos==
Durante a degradación oxidativa dos aminoácidos <ref>Lehninger A. Principios de Bioquimica (1988) Omega. Páxinas536-545. ISBN 84-282-0738-0</ref> estes perden os seus grupos amino (que acaban no [[ciclo da urea]]) e os seus esqueletos carbonados restantes orixinan [[acetil-CoA]], [[acetoacetil-CoA]], [[piruvato]] ou moléculas do [[ciclo de Krebs]] <ref> [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=stryer.chapter.3193 Chapter on Amino acid catabolism in ''Biochemistry'' by Jeremy Berg, John Tymoczko, Lubert Stryer. Fourth ed. by Lubert Stryer. ISBN 0-7167-4955-6 Accessed 05-11-2011]</ref>, e algúns carbonos pérdense en descarboxilacións como CO<sub>2</sub>. A produción de glicosa a partir de aminoácidos implica que estes se deben converter primeiro en piruvato ou en ácidos e cetoácidos do ciclo de Krebs, tales como o [[alfa-cetoglutarato]], [[succinato]] e [[oxalacetato]], os cales entran na [[gliconeoxénese]]. Isto sucede no fígado e riles. A glicosa formada pode ser despois oxidada na [[respiración celular]], e, deste modo, os aminoácidos poden contribuír á produción de enerxía en forma de [[ATP]]. Normalmente os aminoácidos son reutilizados para a síntese de proteínas ou de certos metabolitos, e só raramente entran nesta vía, pero o proceso vese incrementado cando hai un exceso de aminoácidos ou durante a catabólise que se produce durante os períodos de xexún ou en épocas de fame.
 
===Degradación dos aminoácidos glicoxénicos===