Aminoácido glicoxénico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 5:
==Degradación dos aminoácidos==
Durante a degradación oxidativa dos aminoácidos estes perden os seus grupos amino (que acaban no [[ciclo da urea]]) e os seus esqueletos carbonados restantes orixinan [[acetil-CoA]], [[acetoacetil-CoA]], [[piruvato]] ou moléculas do [[ciclo de Krebs]], e algúns carbonos pérdense en descarboxilacións como CO<sub>2</sub>. A produción de glicosa a partir de aminoácidos implica que estes se deben converter primeiro en piruvato ou en ácidos e cetoácidos do ciclo de Krebs, tales como o [[alfa-cetoglutarato]], [[succinato]] e [[oxalacetato]], os cales entran na [[gliconeoxénese]]. Isto sucede no fígado e riles. A glicosa formada pode ser despois oxidada na [[respiración celular]], e, deste modo, os aminoácidos poden contribuír á produción de enerxía en forma de [[ATP]]. Normalmente os aminoácidos son reutilizados para a síntese de proteínas ou de certos metabolitos, e só raramente entran nesta vía, pero o proceso vese incrementado cando hai un exceso de aminoácidos ou durante a catabólise que se produce durante os períodos de xexún ou en épocas de fame.
 
===Degradación dos aminoácidos glicoxénicos===
Como se observa na figura do inicio da páxina, os aminoácidos glicoxénicos poden orixinar piruvato ou moléculas do ciclo de Krebs, que se poden utilizar para sintetizar glicosa. Poden darse os seguintes casos:
*Os aminoácidos alanina, treonina, glicina, serina e cisteína orixinan piruvato.
*Os aminoácidos asparaxina e aspartado orixinan oxalacetato.
*Os aminoácidos fenilalanina e tirosina orixinan con parte da súa molécula fumarato (o resto da molécula entre en vías cetoxénicas).
*Os aminoácidos arxinina, histidina, glutamina, prolina e glutamato orixinan alfa-cetoglutarato.
*Os aminoácidos isoleucina, metionina e valina orixinan succinil-CoA.
*O aminoácido triptófano pode orixinar con parte da súa molécula alanina e por tanto entrar nas vías glicoxénicas a través desa alanina, orixinando piruvato, pero o resto da súa molécula entra nas vías cetoxénicas.
 
==Aminoácidos glicoxénicos==