The Melvins: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m arranxo lig int.
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 71:
A principios do [[2006]] Crover confirmou que os membros da banda Big Business uniríanse aos Melvins. As bandas fusionadas xiraron polos [[Estados Unidos]] no outono dese ano promocionando o álbum ''[[(A) Senile Animal]]'', último traballo de Melvins. O grupo tamén xirou brevemente polo [[Reino Unido]] a mediados do mes de decembro. A banda tocou dus novos temas durante a xira do [[2007]], "Suicide in Progress" e "Billy Fish", que aparecerían no seu seguinte álbum, ''[[Nude With Boots]]'', editado en xullo do [[2008]].
 
Os días 16 e 17 de xuño do [[2008]], a formación orixinal da banda (de [[1983]]) fixo dous concertos no Great American Music Hall en [[San Francisco]], celebrando o 50 aniversario de [[Jello Biafra]]. Neles tocaron cancións de ''The Mangled Demos'', unha colección de material dos primeiros anos da banda editado por Alternative Tentacles no [[2005]].
 
No [[2008]] a banda tamén colaboro co grupo italiano Zu nunha canción. No mes de xullo apareceu ''[[Nude With Boots]]'', sendo parte das sesións de gravación documentadas por Toshi Kasai nun blogue xaponés. En decembro, xunto con [[Mike Patton]], Melvins comisionou unha edición do festival ''All Tomorrow's Parties Nightmare Before Christmas''.