Nine Inch Nails: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: az:Nine Inch Nails
Beninho (conversa | contribucións)
m arranxo lig int.
Liña 41:
O segundo álbum de Nine Inch Nails, ''[[The Downward Spiral]]'', foi lanzado o [[8 de marzo]] de [[1994]]<ref>http://www.ninwiki.com/The_Downward_Spiral_(halo)</ref> acadou o número 2 na lista ''Billboard 200'', sendo o disco da banda máis vendido nos [[Estados Unidos]]. Influenciado polos disco de finais dos 70 ''[[Low]]'' de [[David Bowie]] e ''[[The Wall]]'' de [[Pink Floyd]], ''[[The Downward Spiral]]'' contén un amplo abano de texturas e atmosferas para ilustraren o progreso mental do personaxe central. [[Flood]] foi novamente co-produtor en varios temas do álbum, sendo esta a súa derradeira colaboración con Nine Inch Nails. [[Alan Moulder]], colaborador habitual de [[Flood]], mesturou a meirande parte de ''[[The Downward Spiral]]'', e após isto colaborou habitualmente nas futuras producións da banda. O álbum foi gravado en Le Pig Studios.
 
Do traballo saíron dous sinxelos, "[[March of the Pigs]]" e "[[Closer (sinxelo de NIN)|Closer]]", que xunto a "Hurt" e "Piggy" foron difundidos polas radios aínda que destes dous últimos non houbo unha edición en sinxelo. O vídeo de "[[Closer (sinxelo de NIN)|Closer]]" foi dirixido por Mark Romanek e apareceu frecuentemente na [[MTV]], aínda que a canle editou bastante a versión orixinal argumentando que era demasiado gráfica. Unha versión para a radio que corta determinadas partes da letra do tema tamén puido ser escoitada na radio con asiduidade. O vídeo ''[[Closure]]'' amosa partes da xira de NIN ''Self Destruct'', e inclúe as interpretacións en directo de "Eraser", "Hurt" e un clip de "March of the Pigs" feito para a [[MTV]].
[[Ficheiro:Trent Reznor Self-Destruct.jpg|thumb|Trent Reznor nun concerto da xira ''Self-Destruct''|300px]]
As críticas sobre ''[[The Downward Spiral]]'' polo xeral foron favorables: acadando o álbum no ano [[2005]] o posto 25 na lista da revista ''Spin'' dos "100 mellores álbums, 1985–2005", e no [[2003]] o posto 200 da lista da ''[[Rolling Stone]]'' doa "500 mellores álbums de todos os tempos". Despois da súa edición, Reznor produciu un álbum de remesturas titulado ''[[Further Down the Spiral]]'', a única edición de NIN que non saíu cun gran selo en acadar o disco de ouro nos [[Estados Unidos]]. Conta coa colaboración do músico electrónico [[Aphex Twin]], do produtor [[Rick Rubin]] e do guitarrista de [[Jane's Addiction]] [[Dave Navarro]] entre outros.