Diferenzas entre revisións de «Roque de Montpellier»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
'''Roque de Montpellier''', nado segundo a tradición en [[Montpellier]] cara a [[1348]] (antigamente críase que cara a [[1295]]) e finado en [[Voghera]] ([[Italia]]) o 15 ou [[16 de agosto]] de [[1376]] ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a [[Roma]].
 
Percorreu a [[península Itálica]] curando infectados pola [[peste]], e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do [[século XV]]. Desde [[Venecia]] propagouse o culto cara o mundo xermánico e os [[Países Baixos]]. En [[1477]], por mor doutra [[epidemia]] de peste, fundouse en Venecia unha [[confraría]] baixo a súa advocación (Confraternità o Scuole di San Rocco), dedicada á hospedaxe de enfermos de peste. Esta agrupación fomentou a devoción ao santo construíndo capelas e máis centros de acollida por toda Italia. Unha das igrexas máis coñecidas dedicadas a este santo está en [[París]], preto do museo do [[Louvre]], ordeadaordenada edificar por [[Luís XIV]] en [[1563]]. Actualmente a súa devoción esténdese por toda [[Europa]] e [[Latinoamérica]].
 
O santoral da [[Igrexa Católica Romana|igrexa católica]] celebra o seu día o [[16 de agosto]]. Santo protector ante a [[peste]] e [[epidemia]]s, a súa intervención foi solicitada polos habitantes de moitas aldeas que, logo de desaparecer o mal, recoñecían a intervención do Santo, polo que era nomeado Santo patrón da localidade.
 
Represéntase vestido de [[peregrino]] (con bordón e [[cabaza]]), cunha ferida na perna e acompañado dun can que o acompañaba e auxiliaba. É patrón dos peregrinos, dos cans, dos contaxiados por epidemias (especialmente a peste e o [[cólera]]), dos falsamente acusados, dos inválidos e dos cirurxánscirurxiáns.
 
==Tradicións de culto==
209.362

edicións