Bioquímica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: rue:Біохемія
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== A Investigación en Bioquímica ==
O comezo da bioquímica pode moi ben ser o descubrimento da primeira [[enzima]], a [[diastase]], en [[1833]] por [[Anselme Payen]]. En [[1828]], [[Friedrich Woehler|Friedrich Wöhler]] publicou un artigo acerca da síntese de [[urea]], probando que os compostos orgánicos poden ser creados artificialmente, en contraste coa crenza, comunmente aceptada durante moito tempo; de que a xeración destes compostos era posible só no interior dos seres vivos. Desde entón, a bioquímica avanzou, especialmente desde a metade do [[século XX]] co desenvolvemento de novas técnicas como a [[cromatografía]], a [[difracción de raios X]], [[marcaxe por isótopos]], e o [[microscopio electrónico]]. Estas técnicas abriron o camiño para a análise detallada e o descubrimento de moitas moléculas e [[ruta metabólica|rutas]] [[metabolismo|metabólicas]] das [[célula]]s, como a [[glicólise]] e o [[ciclo de Krebs]]. Hoxe en día os avances da bioquímica son usados en centos de áreas, desde a [[xenética]] ata a [[bioloxía molecular]], da [[agricultura]] á [[medicina]]. Probablemente unha das primeiras aplicacións da bioquímica foi a produción de [[pan]] usando [[lévedo]]s, hai 5.000 anos. O alicerce fundamental da investigación bioquímica céntrase nas propiedades das proteínas, moitas das cales son enzimas. Por razóns históricas a bioquímica do [[metabolismo]] da célula foi intensamente investigado, importantes liñas de investigación actuais inclúen o [[código xenético]] ([[ácido desoxirribonucleico|ADN]], [[ácido ribonucleico|ARN]], [[síntese de proteínas]], dinámica da [[membrana celular]] e ciclos enerxéticos).
 
== Categorías ==