Jacques Derrida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: jv:Jacques Derrida
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: bn:জাক দেরিদা; cambios estética
Liña 2:
'''Jacques Derrida Safar''', nado en [[El-Biar]] o [[15 de xullo]] de [[1930]] e finado en [[París]] o [[8 de outubro]] de [[2004]], foi un dos máis influentes teóricos e [[Filosofía|filósofos]] [[Francia|franceses]] contemporáneos. Desenvolveu a teoría da ''[[deconstrución]]'', enunciada no traballo de [[Martin Heidegger]].
 
== Traxectoria ==
Naceu en 1930 en El-Biar, [[Alxeria]]. En 1952 comezou o seu estudo de filosofía na Escola Normal Superior de París, onde máis tarde ensinou desde 1965 a 1984. Desde 1960 a 1964, Derrida ensinou na Sorbona, en París. Desde comezos de 1970 dividiu moito do seu tempo entre París e Estados Unidos, onde ensinou en varias universidades.
 
== Pensamento ==
A obra de '''Derrida''' céntrase na [[linguaxe]]. Sostén que o modo metafísico ou tradicional de lectura produce un sinnúmero de falsas suposicións sobre a natureza dos textos. Un lector tradicional cre que a linguaxe é capaz de expresar ideas sen cambialas, que na xerarquía da linguaxe escribir é secundario a falar, e que o autor dun texto é a fonte do seu sentido. O estilo deconstrutivista de lectura de Derrida subverte estas presuncións e desafía a idea de que un texto ten un significado inmutábel e unificado. A cultura occidental tendeu a asumir que a fala é unha vía clara e directa para comunicar. Derrida cuestiona esta presunción en psicanálise e lingüística. Como resultado, as intencións dos autores no discurso non poden ser incondicionalmente aceptadas. Isto multiplica o número de interpretacións lexítimas dun texto.
 
=== Deconstrución ===
A deconstrución amosa os múltiples estratos de sentido nos que traballa a linguaxe. Deconstruíndo as obras de anteriores pensadores, Derrida intenta amosar que a linguaxe está mudando constantemente. Aínda que o pensamento de Derrida é considerado ás veces polos críticos como destrutivo da filosofía, a deconstrución pode ser mellor entendida como a mostra de ineludibles tensións entre os ideais de claridade e coherencia que gobernan a filosofía, e os inevitábeis defectos que acompañan a súa produción. Derrida dixo que a súa filosofía deconstrutivista nunca foi antimarxista en ningún sentido puro. Deste xeito agora moitos están esperando, talvez equivocadamente, unha anticipación de se hai realmente un elemento político na súa gramatoloxía.
 
Un número importante de tendencias subxacen no punto de vista de '''Derrida''' en filosofía e, máis especificamente, na tradición occidental de pensamento. Estas son, primeiro, unha preocupación por reflectir arriba e abaixo a dependencia desta tradición da lóxica de identidade.
 
=== Lóxica da indentidade ===
Esta lóxica de identidade deriva particularmente de [[Aristóteles]] e, en palabras de [[Bertrand Russell]], comprende as seguintes características claves:
* 1- A lei de Identidade: O que é, é
* 2- A lei de Contradición: Nada pode á vez ser e non ser
* 3- A lei do Terceiro Excluído: Todo debe ser ou non ser
 
Estas leis de pensamento presupoñen non só coherencia lóxica, senón que tamén aluden a algo igualmente profundo e característico da tradición en cuestión, a saber: que hai unha realidade esencial, unha orixe á que estas leis se refiren. Para soster a coherencia lóxica, esta orixe debe ser: simple (libre de contradición) e homoxénea (da mesma substancia ou orde).
Liña 23:
A través da deconstrución, '''Derrida''' comezou unha investigación fundamental na natureza da tradición metafísica occidental e as súas bases na lei de identidade. Superficialmente, os resultados desta investigación parecen revelar unha tradición perforada por paradoxos e aporías lóxicos, tal como a que segue, na filosofía de [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]].
 
=== Natureza ===
Rousseau argumenta nun momento que a soa voz da natureza debería ser escoitada. Esta natureza é idéntica a si mesma, unha plenitude á cal nada pode ser engadido ou substraído. Pero el tamén chama a nosa atención sobre o feito de que a natureza en verdade está algunhas veces carenciada. A carencia non chega a ser vista como común na natureza, se esa non é unha das súas máis significativas características. Deste modo, Derrida amosa, de acordo a Rousseau, que a natureza autosuficiente tamén está desprovista. A falta, en realidade, pon en perigo a autosuficiencia da natureza, isto é a súa identidade ou, como Derrida prefire, a súa autopresenza. A autosuficiencia da natureza pode ser mantida soamente se a carencia é suplida. Porén, en resgardo da lóxica de identidade se a natureza require un elemento supletorio tampouco pode ser autosuficiente (idéntica consigo mesma), porque autosuficiencia e necesidade son opostos: unha ou outra poden ser as bases dunha identidade pero non ambas, para que a contradición sexa evitada. Este exemplo non é ningunha excepción. A impureza desta identidade, ou o debilitamento da súa autopresenza, é un feito ineludible.
 
Liña 32:
O ímpeto da deconstrución non é simplemente que amosa, filosoficamente, que as leis de pensamento se atopan defectuosas. Máis ben, a tendencia evidente na obra de Derrida é un interese de penetrar efectos, abrir o terreo filosófico para que poida continuar sendo o sitio de creatividade e invención. A noción de diferenza ou différance, leva talvez á segunda tendencia máis claramente discerníbel na obra de Derrida, unha intimamente aliñada co desexo de manter a creatividade da filosofía.
 
=== Différance ===
[[Différance]] é o termo acuñado por Derrida en 1968, á luz das súas investigacións na teoría saussureana e estruturalista da linguaxe. Mentres [[Saussure]] sufrira grandes dores ao mostrar que a linguaxe na súa forma máis xeral podía ser entendida como un sistema de diferenzas, sen termos positivos, Derrida notou que as totais implicacións desa concepción non foron apreciadas nin polos [[Estruturalismo|estruturalistas]] de días posteriores nin polo mesmo Saussure. Diferenza en termos positivos implica que esta dimensión en linguaxe debe permanecer sempre imperceptíbel, estritamente falando é inconceptualizábel.
 
== Obras ==
En 1967 publicou tres libros: ''Speech and Phenomena'', ''Of Grammatology'' e ''Writing and Difference''; que introduciron o punto de vista deconstrutivista na lectura de textos. Derrida resistiu ser clasificado, e nos seus últimos traballos continuou redefinindo o seu pensamento.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
 
=== Outros artigos ===
* [[Deconstrución]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.jacquesderrida.com.ar/ Páxina con obras de Derrida] {{es}}
*[http://www.antroposmoderno.com/antro-articulo.php?id_articulo=273 Artigo sobre Derrida] {{es}}
{{DEFAULTSORT:Derrida, Jacques}}
Liña 55:
[[be-x-old:Жак Дэрыда]]
[[bg:Жак Дерида]]
[[bn:জাক দেরিদা]]
[[ca:Jacques Derrida]]
[[cs:Jacques Derrida]]