Diferenzas entre revisións de «Inglés medio»

arranxiños
m (Bot: Substitución automática de texto (-[[File: +[[Ficheiro: & -[[Image: +[[Ficheiro:))
(arranxiños)
A cultura inglesa cambiou baixo a influencia normanda, como pode apreciarse na construción de igrexas e castelos. Máis importante foi a adopción do dialecto [[normando]], que se converteu máis adiante en [[anglonormando]], converténdose esta variante do francés no idioma oficial da corte. Os seguidores de Guillerme ocuparon os altos cargos civís e eclesiásticos, e premióuselles con propiedades expropiadas á nobreza inglesa, o que fixo que se asociase o uso do francés coa nobreza e as clases altas. Os nobres normandos, ademais, eran terratenentes tanto en Inglaterra como en Normandía, polo que tiñan intereses comerciais námbolos dous lados da [[Canle da Mancha]], o que provocou co paso dos anos que a maioría deles fosen bilingües.
 
As convencións literarias víronse tamén modificadas, como pode verse, por exemplo na substitución da clásica [[aliteración]] anglosaxonaanglosaxoa pola [[rima]] nas composicións poéticas. Durante un longo período de tempo Inglaterra foi un país trilingüe: o anglonormando era a lingua culta; o latín, a lingua eclesiástica, ademais de convivir co francés na administración; e o inglés, que seguía sendo a lingua maioritaria, era a [[lingua vulgar]]. Este trilingualismo, unido á previa corrente de préstamos escandinavos tivo un gran impacto no vocabulario do inglés medio, que pode apreciarse até os nosos días. Un exemplo típico destes préstamos é o vocabulario referente aos animais de granxa e a comida: ''pig''/''pork'', ''cow''/''beef'', ''sheep''/''mutton'' e outros pares como: ''house''/''mansion'', ''worthy''/''honourable'', ''bold''/''courageous''; ou a triplicación de nomes e adxectivos; por exemplo, o adxectivo 'real' que pode expresarse de tres maneiras diferentes, cada unha derivada dunha destas tres linguas: ''kingly'' (anglosaxón)/ ''royal'' (francés)/ ''regal'' (latín).
 
=== O rexurdimento do inglés ===
A partires do [[século XIII]], trala perda do ducado de Normandía, as tensións provocadas pola rivalidade inglesa e francesa durante a [[Guerra dos Cen Anos]] converteron a ambos os dous países en inimigos. O inglés pasou a ser un dos símbolos da identidade nacional, e para aquel entón aqueles que tiñan ascendencia normanda xa se vían a si mesmos como ingleses. En 1233 [[Henrique III de Inglaterra|Henrique III]], que quería emular a autocracia da monarquía francesa, substituíu a tódolos seus cortesáns por nobres traídos de Francia, que usurparon os postos dos duques anglonormandos, incrementando o sentimento nacionalista nestes e formando un terreo común entre as clases medias e a nobreza. Doutra banda, a chamada Morte ou [[Peste Negra]] fixo estragos entre a poboación campesiña do país, a carencia de man de obra levou aos campesiños a solicitar mellor retribución e a revoltas como a [[revolta campesiña de 1381 (inglaterra)|revolta campesiña de 1381]], e a forte mortalidade que se daba nos mosteiros, habitados por un gran número de xente, provocou que os monxes cultos falecidos fosen substituídos por outros monxes recentemente ordenados, que descoñecían as linguas clásicas.
 
Doutra banda, o movemento [[lolardo]], liderado por [[John Wycliffe]], ocupouse de traducir a Biblia ao inglés, mentres no país desenvolvíase unha corrente mística na literatura, expoñentes do cal son as obras de [[Richard Rolle]], a anónima ''A nube do non saber'', as revelacións de [[Juliana de Norwich]] e ''[[O libro de Margery Kempe]]''. A finais do S. XIV reviviuse o verso aliterativo, co cal rexurdiu a tradición anglosaxonaanglosaxoa anterior en obras como ''[[Pedro o Labrador]]'' de [[William Langland]], o poema aliterativo "Morte Arthure" ou ''[[Sir Gawain e o cabaleiro verde]]''. O inglés substituíu tamén ao francés nos documentos de carácter público e converteuse na lingua oficial da corte nada máis se iniciou o reinado de [[Henrique IV]]. En 1362 empregouse por primeira vez o inglés para convocar ao parlamento.
 
== Aspectos formais ==
 
'''Consoantes:'''
:A [[runa]] Thorn <þ> continuou empreñándose ata o [[século XVII]] en abreviaturas: þ<sup>t</sup> (that) þ<sup>e</sup> (the), mentres <ð> caeu en desuso cara o século XIII. Ambas as dúas letras foron remprazadassubstituídas paulatinamente por «th».
 
:A runa Wynn «ƿ», que representa o son [[AFI]] [w] escríbese como «ou, uu, vv». Máis adiante empregaríase «w».
===Fonoloxía===
 
====Vogais e diptongosditongos====
<div style="background: transparent;">
{| cellspacing="0px" cellpadding=0 style="text-align: center; background: transparent;"
O estándar da chancelería (the Chancery Standard (CS)) foi unha forma escrita do inglés empregada pola burocracia do goberno e para outros propósitos especiais dende finais do [[século XIV]]. Crese que contribuíu dun xeito significativo ao desenvolvemento do inglés moderno.
 
Por mor dos diferentes dialectos do inglés falado e escrito ao longo do país naquela época, o goberno necesitaba unha forma clara e sen ambigüidades para o uso nos seus documentos oficiais. Éste desenvolveuse durante o reinado do rei [[Henrique V]] (1413 a 1422) en resposta á súa orde para a súa cancillería (oficiais do goberno) de usar, como el mesmo, o inglés máis có [[anglonormando]] ou o [[lingua latina|latín]]. Volveuse amplamente estandarizado ao redor da década de [[1430]].
 
A mediados do [[século XV]], CS usouse para a maioría de propósitos oficiais, agás na Igrexa (que usaba o latín) e algúns asuntos legais (que usaban o [[lingua francesa|francés]] e algo de latín). Espallouse ao redor de Inglaterra polos burócratas nos negocios oficiais, e paseniñamente fou gañando prestixio.
 
== Exemplo ==
52.498

edicións