Arcadio López-Casanova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Biografía: actualizo
Liña 1:
'''Arcadio López-Casanova''', nado en [[Lugo]] en [[1942]], é un escritor e crítico literario galego.
 
==BiografíaTraxectoria==
Aínda que nace en Lugo, pasa a súa infancia na casa da avoa paterna, nas terras do [[O Páramo|Páramo]]. Regresa a Lugo para estudar o bacharelato. Fai Filosofía e Letras na [[Universidade de Santiago de Compostela]] entrando en relación cos mestres do galeguismo. Colabora asiduamente nas páxinas de ''[[La Noche]]'' e ''[[La Voz de Galicia]]'' e no 1961 edita o seu primeiro libro de poemas, ''Hombre último'', retirado por orde gobernativa. Recibiu numerosos premios nas [[Festas Minervais]] e noutros certames literarios (como o Concurso Nacional de Contos Infantís [[O Facho]] no [[1972]], por ''O bosque de Ouriol'').
 
Liña 7:
 
En 1968 trasladouse a [[Valencia - València|Valencia]] para ocupar unha cátedra de lingua e literatura españolas no Instituto Mariano Benlliure. Desde 1986 é profesor titular do Departamento de Filoloxía Española da Facultade de Filoloxía da [[Universidade de Valencia]], onde imparte materias relacionadas coa poesía e a novela españolas do século XX, así como a análise e a composición de textos poéticos.
 
En [[2011]] foille concedido o [[Premio Cultura Galega das Letras]] pola [[Xunta de Galicia]].
 
==Obra literaria==