Diferenzas entre revisións de «Magnitude física»

m (r2.7.1) (Bot: Engado: sn:Chiyero chekupimisa)
 
Resulta fundamental establecer unha única unidade de medida para unha magnitude dada, de forma que poida ser comprendida pola xeneralidade das persoas. A agrupación de unidades para as magnitudes físicas forma un [[sistema de unidades]].
 
== Tipos de magnitudes físicas ==
As magnitudes físicas poden ser clasificadas seguindo diferentes criterios:
* Segundo a súa expresión matemática, as magnitudes clasifícanse en escalares, vectoriais e tensoriais.
* Segundo a súa actividade, clasifícanse en magnitudes extensivas e intensivas.
 
=== Magnitudes escalares, vectoriais e tensoriais ===
*As magnitudes [[escalar]]es son aquelas que fican completamente definidas por un número e a unidade, a unidade propia utilizada para a súa medida. Isto é, as magnitudes escalares están representadas polo ente matemático máis simple, por un número. Podemos dicir que posúen un módulo, pero que carecen de dirección e sentido (contrapoñéndoas ás magnitudes vectoriais). O seu valor pode ser independente do [[observador]] ([[masa]], [[temperatura]], [[densidade]], etc.) ou depender da posición ou estado de movemento do observador (como é a [[enerxía cinética]]).
 
*As magnitudes [[vector]]iais son aquelas que fican caracterizadas por unha cantidade (intensidade ou [[Módulo (vector)|módulo]]), unha dirección e un sentido. No [[espazo euclidiano]], de non máis de tres dimensións, un vector represéntase mediante un [[segmento]] orientado. Exemplos deste tipo de magnitudes son a [[velocidade]], a [[aceleración]], a [[forza]], o [[campo eléctrico]], a [[intensidade luminosa]], etc.
:Ademais, ao considerar outro sistema de coordenadas asociado a un observador con diferente estado de movemento ou de [[orientación]], as magnitudes vectoriais non presentan [[invariancia]] de cada unha das compoñentes do vector e, polo tanto, para relacionar as medidas de diferentes de diferentes sistemas de referencia son precisas relacións de transformación vectorial. Na mecánica clásica o campo electrostático considérase un vector; aínda que, segundo a [[teoría da relatividade]], esta magnitude, ao igual que o [[campo magnético]], debe ser tratada como parte dunha magnitude tensorial.
 
*As magnitudes [[tensor]]iais son as que caracterizan propiedades ou comportamentos físicos modelizables mediante un conxunto de números que cambian [[tensor]]ialmente ao elixir outro sistema de coordenadas asociado a un observador con diferente estado de movemento ou de orientación.
:De acordo co tipo de magnitude, debemos escoller leis de transformación das compoñentes físicas das magnitudes medidas, para poder ver se diferentes observadores fixeron a mesma medida, ou para saber que medidas obterá un observador coñecidas as doutro cunha orientación e estado de movemento respecto ao primeiro coñecidos.
 
=== Magnitudes extensivas e intensivas ===
Unha magnitude extensiva é a que depende da cantidade de substancia que ten o corpo ou sistema. As magnitudes extensivas son aditivas. Se consideramos un sistema físico formado por dúas partes ou subsistemas, o valor total dunha magnitude extensiva resulta ser a suma dos seus valores en cada unha das dúas partes. Exemplos: a [[masa]] e o [[volume]] dun corpo ou sistema, a [[enerxía]] dun sistema termodinámico, etc.
 
Unha magnitude intensiva é aquela cun valor que non depende da cantidade de materia do sistema. As magnitudes intensivas teñen o mesmo valor para un sistema que para cada unha das súas partes consideradas como subsistemas. Exemplos: a [[densidade]], a [[temperatura]] e a [[presión]] dun sistema termodinámico en equilibrio.
 
En xeral, o cociente entre dúas magnitudes extensivas dá como resultado unha magnitude intensiva. Exemplo: masa dividido entre volume representa a densidade.
 
== Sistema Internacional de Unidades ==
13.493

edicións