Arturo Souto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Eliminado: es:Arturo Souto Feijoo
Elvire (conversa | contribucións)
Liña 16:
Sucédense as súas exposicións, en Madrid, Bilbao, A Coruña ou Vigo. A súa obra salta fronteiras e se amosa en [[Copenhaguen]] e [[Berlín]]. En 1934 obtén o premio de Roma, onde permanece ata 1936, sorprendéndolle o [[Alzamento Nacional]] en Madrid.
 
Participa activamente na propaganda republicana con debuxos e carteis. En 1937 asiste ó congreso internacional de escritores que se celebra en [[Valencia - València|Valencia]] e expón na Internacional de París, no pavillón deseñado por Sert, onde está o [[Guernica (cadro)|Guernica]] de Picasso, a quen coñecera un par de anos antes. En 1938 expuxo en [[Bruxelas]], sendo eloxiado polo pintor [[James Ensor]].
 
Concluída a guerra partíu cara ó exilio desde Valencia cara a [[La Habana]], onde expón, e despois vai a [[Nova York]], [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]] e [[Filadelfia]]. En 1942, por mediación do seu amigo o diplomático e poeta [[Torres Bodet]], transládase a México, onde inmediatamente celebra a súa primeira das moitas exposicións que alí tiveron lugar, identificándose parcialmente con modos autóctonos que parten dos grandes muralistas.