Partido Republicano Radical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: fr:Parti républicain radical; cambios estética
m Substitución de "Ver tamén" por " Véxase tamén" segundo WP:LE
Liña 5:
No derradeiro alento do reinado de Afonso XIII, o Partido Radical foi un dos firmantes principais do Pacto de San Sebastián, e como tal participou no Comité Provisorio que comandou o derrocamento da Monarquía e do Goberno Provisorio que substituíu ao Goberno da Monarquía trala proclamación da II República, o 14 de abril de 1931. Durante o primeiro bienio republicano, no que ocupou 89 asentos nas Cortes Constituintes, o Partido Radical distinguiuse por combater desde o centro-dereita as políticas de esquerdas dos gobernos de Azaña. Tralas eleccións de 1933, que deron maioría ás dereitas no Parlamento e nas que obtivo 104 escanos, o Partido Radical liderou o goberno da República, primeiro en solitario (un gabinete monocolor apoiado pola [[CEDA]]), e despois en coalición coa Confederación Española de Derechas Autónomas de Gil-Robles. Ao longo do seu mandato, tivo que facer fronte á Revolución de Outubro de 1934. Tras controlar a situación no resto do país, o Goberno radical detivo a Companys, suspendeu a Generalitat e mandou á Lexión a combater a insurrección obreira en Asturias, que foi duramente reprimida polos xenerais [[Franco]] e Goded. Os gobernos radicais sucedéronse, progresivamente debilitados por numerosos escándalos de corrupción (entre eles, o do Estraperlo) en que se viron envolvidos os seus líderes, e cada vez máis impotentes para estabilizar unha situación social cada vez máis crispada e enrarecida, ata 1936, en que o triunfo da coalición das esquerdas deu paso ao Goberno da Fronte Popular. Como o resto de partidos políticos activos durante a República salvo o chamado Movemento Nacional (FET y de las JONS), o Partido Radical Republicano foi ilegalizado trala vitoria do bando nacional na guerra civil.
 
== VerVéxase tamén ==
* [[Partido Republicano Radical en Galicia]]