Hidroxilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
Un '''hidroxilo''' é un grupo formado por un átomo de osíxeno unido covalentemente cun átomo de hidróxeno, que aparece en compostos como os alcohois, fenois, ácidos carboxílicos e sulfónicos, oxoácidos e bases <ref>[http://www.answers.com/topic/hydroxyl#ixzz1aDaRsXYK McGraw-Hill Science & Technology Encyclopedia]</ref>. Por hidroxilo pódense entender estas tres cousas:
*O grupo funcional -OH, chamado '''grupo hidroxilo''' ou '''grupo alcohólico''' ou '''grupo OH'''. Trátase dun grupo químico unido [[covalente]]mente a unha molécula, como sucede nos [[alcohol|alcohois]]. Por exemplo CH<sub>3</sub>-OH ([[metanol]]).
*O '''anión hidroxilo''' (OH<sup>-</sup>) ou '''anión hidróxido'''. Aquí o hidroxilo está cargado negativamente en forma de anión e forma parte das substancias como os [[hidróxido]]s, formadas por un metal e un anión hidroxilo. Por exemplo, NaOH <ref>[http://chemistry104.blogspot.com/2006/01/how-to-talk-like-chemist-hydroxide.html Hydroxide, hydroxyl? Aren't they the same thing?]</ref>.
*O '''radical hidroxilo''' (·OH), que é un grupo OH libre pero neutro e moi reactivo.