Cabalo de pura raza galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: eu:Galiziako poni
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 10:
Os testemuños máis antigos que se conservan da presenza de poboacións de équidos en Galicia atópanse en representacións rupestres na área de [[Sabucedo, A Estrada|Sabucedo]], nos [[petróglifo]]s de [[Viladesuso, Oia|Viladesuso]] (na [[Serra da Groba]]), datados no período da [[Idade de Bronce]], ou na diadema de [[Ribadeo]], onde aparecen cabalos montados xunto a crías e guerreiros, do 2500 a.C. ao 2000 a.C.
 
A teoría máis aceptada sobre a orixe do cabalo galego de pura raza sostén que foron os pobos [[celta]]s chegados do norte da [[Península Ibérica]], cara os séculos VII e VI a.C., os que introduciron un cabalo de testa pequena e orellas curtas, grupa forte, e pelo basto de cor escura. A eles refírense autores clásicos, como [[Estrabón]], [[Marco Valerio MarcialMarcialMarcial|Marcial]] ou [[Plinio]], ou da época medieval da [[Reconquista]], onde a cría cabalar vencellouse fortemente á actividade colonizadora dos [[mosteiro]]s establecidos durante os séculos [[século X|X]] e [[século XI|XI]] <ref>[http://mediorural.xunta.es/es/areas/gandaria/razas_autoctonas/equina/cabalo_pura_raza_galega/ mediorural.xunta.es]</ref>.
 
Este tronco común foise diferenciando ao longo dos séculos polas condicións ambientais e a intervención de procesos de mestizaxe dando orixe ás diversas razas afíns á galega que se espallan pola fachada atlántica europea dende [[Portugal]] ata [[Escocia]] e [[Islandia]].