Alcazaba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "A alcazaba (do árabe qasaba, قصبة, 'cidadela') é unha construción ou recinto fortificado cuxa función é defender un lugar determinado e os seus contornos, albergando unha..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de outubro de 2011 ás 20:38

A alcazaba (do árabe qasaba, قصبة, 'cidadela') é unha construción ou recinto fortificado cuxa función é defender un lugar determinado e os seus contornos, albergando unha guarnición que, con frecuencia, conformaba un pequeno barrio militar con vivendas e servizos[1]. Xeralmente estaban asociadas a un castelo situado nun dos seus extremos, aínda que este era independente da propia alcazaba e do resto da cidade.

Alcazaba e castelo eran un sistema defensivo da clase dominante, tanto fronte aos inimigos externos como fronte ás sublevacións internas, asegurándose ademais unha resistencia prologada, mesmo no caso de caída da cidade que protexía[2]. No al-Ándalus, entre os séculos VIII e XV, construíronse un gran número de alcazabas, como as de Alcalá la Real, Almería, Antequera, Badajoz, Selecta, Jaén, Guadix, Loja, Lorca, Málaga, Mérida, e moitos outros lugares.

  1. VVAA: Glossaire - Internationalen Burgen-Institut, Verlag Weidiclich, Frankfurt, 1975, pag.33. Citado por Eslava Galán, op.ref.
  2. Eslava Galán, Juan: Los castillos de Jaén, Ediciones Osuna, Granada, 1999, ISBN 84-89717-41-9, pag. 409