Terra e Tempo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
algúns arranxos
m negriñas no título soamente unha vez, no cabezallo.
Liña 1:
{{Título en cursiva}}
'''''Terra e Tempo''''' é un periódico político, aparecido en 1965, o máis lonxevo da [[Galiza]]. Reflicte as diferentes fases polas que pasou o [[nacionalismo galego]], e moi especialmente a [[UPG]], neste período.
 
==Historia e características==
O número 1 de '''''Terra e Tempo''''' foi editado en [[1965]], dúas sinxelas pregas de papel. O seu carácter inicial, fundamentalmente teórico, corresponde con unha etapa de conformación dun espazo político e ideolóxico definido no que a consolidación dun núcleo militante relativamente reducido requiria clarificación e formación política. A expansión organizativa e a maior introdución social vanse plasmando ao longo de [[1971]] coa introdución de artigos sobre a conxuntura política, marcando o número de marzo de [[1972]] un primeiro punto de inflexión no carácter da publicación: ao lado de artigos de índole teórica e programática aparecen abundantes informacións sobre as principais loitas políticas e sociais do momento, con especial atención ao mundo do traballo. O sumario dese número constitúe un exemplo do rumbo político da UPG e dos seus esforzos por introducirse na clase obreira.
 
Os números dos anos 72-74 amosan o proceso de decantación como partido comunista, e os dos anos 75-77 reflicten intensos debates sobre estratexia e táctica políticas provocados polo fin da Ditadura e pola reforma política no Estado Español. Desde [[1977]] até 1981 regularizase a súa edición e difusión, consecuencia da intensa actividade pública da [[UPG]] como integrante, xunto coa [[AN-PG]], da coalición político-electoral [[Bloque Nacional Popular Galego]].
 
A aposta por unha ampla fronte nacionalista en Galiza, que se concretizou en setembro de 1982 no [[Bloque Nacionalista Galego]], levou a [[UPG]] a renunciar á actividade pública en beneficio do protagonismo político da nova organización. Neste contexto, '''''Terra e Tempo''''' espaza a súa periodicidade e retoma o carácter eminentemente teórico. A fins do ano [[1995]] inicia unha nova etapa na que deixa de ser órgano de expresión do Comité Central da [[UPG]] para converterse nunha ''Revista de información, análise e interpretación'', aberta a calquera colaboración realizada desde unha óptica nacionalista e anti-imperialista: ''Botamos en falta máis coñecimento e debate sobre o noso país, máis interpretacións sobre o noso próprio mundo (…) Traballos que alumien aspectos esenciais da nosa existéncia ou simplesmente reflexionen en voz alta sobre o que está a suceder e o que estamos a viver na Galiza e no mundo''
 
Desde xullo de [[2004]] edítase baixo a responsabilidade da [[Fundación Bautista Álvarez de estudos nacionalistas]]<ref>http://www.bautistaalvarez.org/</ref> e desde 2010 ten unha edición dixital<ref>http://www.terraetempo.com/index.php</ref>.
 
==Notas==
{{Listaref}}
<references />
 
[[Categoría:Prensa escrita de Galicia]]