Terra e Tempo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O Terra e Tempo é o cabezallo político máis lonxevo da Galiza, o nº 1 de Terra e Tempo foi editado no 1965, duas sinxelas pregas de papel. Terra e Tempo reflecte claramente as..."
 
Sen resumo de edición
Liña 3:
O seu carácter inicial, fundamentalmente teórico, corresponde con unha etapa de conformación dun espazo político e ideolóxico definido no que a consolidación dun núcleo militante relativamente reducido requeria clarificación e formación política. A expansión organizativa e a maior introdución social vanse plasmando ao longo de 1971 coa introdución de artigos sobre a conxuntura política, marcando o número de marzo de 1972 un primeiro e notório ponto de inflexión no carácter da publicación: ao lado de artigos de índole teórica e programática aparecen abundantes informacións sobre as principais loitas políticas e sociais do momento, con especial atención ao mundo do traballo. O sumário dese número constitue un exemplo do rumbo político da UPG e dos seus esforzos por introducirse na clase obreira.
 
Os números dos anos 72-74 amosan o proceso de decantación como partido comunista, e os dos anos 75-77 refliten intensos debates sobre estratéxia e táctica políticas provocados polo fin da Ditadura e pola reforma política no Estado Español. Desde 1977 até 1981 regularizase a súa edición e difusión, consecuencia da intensa actividade pública da [[UPG]] como integrante, xunto coa [[AN-PG]], da coalición político-eleitoral [[Bloque Nacional- Popular Galego]].
 
A aposta por unha ampla frente nacionalista en Galiza, que se concretizou en Setembro de 1982 no [[Bloque Nacionalista Galego]], levou a [[UPG]] a renunciar á actividade pública en beneficio do protagonismo político da nova organización. Neste contexto, o Terra e Tempo espaza a súa periodicidade e retoma o carácter eminentemente teórico. A fins do ano 1995 inicia unha nova etapa na que deixa de ser órgao de expresión do Comité Central da [[UPG]] para convertirse nunha Revista de información, análise e interpretación, aberta a calquer colaboración realizada desde unha óptica nacionalista e anti-imperialista: ''Botamos en falta máis coñecimento e debate sobre o noso país, máis interpretacións sobre o noso próprio mundo (…) Traballos que alumien aspectos esenciais da nosa existéncia ou simplesmente reflexionen en voz alta sobre o que está a suceder e o que estamos a viver na Galiza e no mundo''