Organisation armée secrète: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Ficha de organización militante |nome = Organización da Armada Secreta </br> |logo = Oas logo public.svg |epígrafe = |datas = 1961 - 1962 |líder = Raoul Salan ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de outubro de 2011 ás 16:44

Modelo:Ficha de organización militante A denominada Organización da Armada Secreta (OAS) (Organisation de l'Armée Secrète en francés) foi unha organización terrorista francesa de extrema dereita dirixida polo xeneral Raoul Salan, nada en 1961 tralo intento de golpe de estado de Maurice Challe, André Zeller e Edmond Jouhaud.

Historia

Inmediatamente posterior ao referendum que permitiu a autodeterminación alxeriana, a OAS foi un grupo terrorista armado que atentou contra institucións francesas alxerianas e asesinou a cidadáns europeos e árabes tanto en África como en Europa.

Nas súas filas contou cun elevado número de militantes conservadores, dereitistas e fascistas, reclutados principalmente en Orán e Arxel. Tralo fracaso dos seus plans contra Charles de Gaulle e o independentismo alxeriano, a maioría dos seus membros exiliáronse no sul da Franza. Canto aos seus dirixentes, moitos, como Pierre Lagaillarde, Jacques Soustelle, Jean Garden, Alin Sarrien ou Raoul Salan refuxiáronse en España.

Franza foi a partir dos 60 beligerante coa OAS, porén, recibiran moita colaboración da policía e do exército en Alxeria.

A partir dos acordos de Evian e de varios atentados en Franza, o estado francés creou un grupo especial de intelixencia para desarmar á OAS. En Alxeria coñecíaselles co alcume de barbouzes polas barbas postizas que empregaban.

Véxase tamén

Enlaces externos