Comités: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Obxectivos==
Asume un posicionamento ideolóxico<ref>Cómpre referencia</ref> e loita por ''impulsar e imprimirlle un novo ritmo ao movemento estudantil galego, recollendo e asumindo a herdanza ideolóxica e práctica das organizacións estudantís nacionalistas e dando unha resposta conxunta e coordinada de todo o estudantado aos ataques ao ensino público do país''.
 
==Estrutura==
A célula básica da organización está composta polos Comités de Centro, formados por todas aquelas persoas que, nunha mesma escola, facultade ou instituto, decidan participar da organización. Esta asemblea de centro escolle entre os seus membros un ou unha responsábel, que terá voz e voto no Consello de Campus e servirá de comunicación entre este e o seu Centro.
 
A reunión -de xeito ordinario cada dúas semanas<ref>Cómpre referencia</ref>- de tódolos Comités de Centro dun Campus Universitario é a Asemblea de Campus, o máximo órgano en cada unha das Universidades onde os Comités teñen presenza.
 
O Consello de Campus é o órgano executivo da Asemblea de Campus e compóñeno as e os responsábeis de centro e as responsabilidades do Campus (historicamente a responsabilidade de Campus, Institucional, Muller, Finanzas, Comunicación, Organización, Formación...)<ref>Cómpre referencia</ref>.
 
As Asembleas de Zona<ref>Cómpre referencia</ref> son aquelas que reúnen aos Comités de Centro de Ensino Medio dunha mesma área. Ten a mesma estrutura que a Asemblea e Consello de Campus na sección Universitaria da organización.
 
O órgano con potestade absoluta é a Asemblea Nacional, de carácter bianual, que recolle a tódolos membros dos Comités.
Liña 28:
Como organización que aglutinou unha boa parte do nacionalismo de esquerdas foi a maioritaria no ensino universitario dende a súa creación até o ano 2011, obtendo a maioría da representación de estudantes en tódolos órganos da [[Universidade de Santiago de Compostela]]
 
No ano 2010 a negativa dos órganos competentes a convocar a pertinente Asemblea Nacional provocou un movemento de inquedanza interna nos Comités, xa que certos sectores acusaron ás responsabilidades implicadas de responder a intereses políticos alleos á organización<ref>Cómpre referencia</ref>.
 
Tomando o nacemento do [[MEU]] como elemento de apoio no clima de tensión dos Comités -en reacción ao que este definiu como ''seguidismo político á [[UPG]] dos Comités''<ref>Cómpre referencia</ref>- e o retraso no proceso asembleario como detonante, enténdese que, tras dous anos e medio de actividade, se provocase a creba da organización, pola falta de garantías democráticas na mesma.
 
Así, en febreiro de 2011 a meirande parte dos membros dos Comités presentan na Asemblea Nacional a súa renuncia á organización- Queda entón as mocidades da [[Unión do Povo Galego]] ([[UMG]]) como únicos membros da asociación estudantil. Isto repercute negativamente nos representantes nas institucións da organización nacionalista, que fica en mínimos históricos, perdendo máis do 85% dos seus membros.<ref>Cómpre referencia</ref><sub>Esta referencia é só respecto a USC</sub><ref>http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/02/27/0003_201102S27C5995.htm</ref><ref>Cómpre referencia</ref><sub>Esta referencia é só respecto a USC</sub> <ref>http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/03/29/0003_201103S29C8999.htm</ref>
 
==Notas==