Diferenzas entre revisións de «Juan María Bandrés»

(retiro marcador en uso)
Neses últimos anos do franquismo e primeiros da democracia actúa como mediador entre [[ETA]], os gobernos e as familias dos secuestrados. Así, en [[1973]] participa en conversas para a liberación de Felipe Huarte, en [[1975]] co ministro franquista [[Manuel Fraga]], en [[1977]] co goberno de [[Adolfo Suárez]] (das que se derivaría a [[Lei de Amnistía política]]) e ese mesmo ano, en [[1977]], no fracaso da negociación para liberar o empresario vasco [[Javier de Ybarra]], que resulta finalmente asasinado. O asasinato de Ybarra é o detonante da súa ruptura co contorno etarra.
 
En [[1978]] foi nomeado conselleiro de Transportes e comunicacións no [[Conselljo Xeral do País Vasco]], o goberno preautonómico de [[Euscadi]]. Ao ano seguinte [[eleccións Xerais 1979 en España|1977]] foi elixido deputado no [[Congreso dos Deputados]], de novo pola circunscrición de [[Guipúscoa]] e por [[Euskadiko EskerrraEzkerrra]], posto no que foi reelixido en [[eleccións Xerais 1982 en España|1982]] e en [[eleccións Xerais 1986 en España|1986]]. En [[1981]], sendo [[Ministerio do Interior de España|ministro do Interior]] [[Juan José Rosón Pérez]], participou a canda [[Mario Onaindia]] nas conversas que deron lugar a un plan de reinserción social para presos de ETA sen delitos de sangue e á disolución de [[ETA–pm]] (VII asamblea) o [[30 de setembro]] de [[1982]]<ref>Gaizka Fernández Soldevilla, [http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3401994 ''Agur a las armas. EIA, Euskadiko Ezkerra y la disolución de ETA político-militar (1976-1985)''], en ''Sancho el Sabio. Revista de cultura e investigación vasca'', ISSN 1131-5350, Nº 33, 2010, pp. 55-96. Consultado: 08-3-2011.</ref>, En [[1989]] abandona o Congreso para concorrer aos [[Eleccións ao Parlamento Europeo 1989|comicios europeos]], onde é elixido como cabeza da coalición [[Esquerda dos Pobos]], formada entre outros por [[Euskadiko EskerraEzkerra]], [[PSG-EG]], ou a [[Chunta Aragonesista]]. Integrouse no grupo parlamentario dos nacionalistas e verdes no [[Parlamento Europeo]].
 
En [[1991]] saíu elixido presidente de [[Euskadiko EskerraEzkerra]] e iniciou un achegamento ao [[PSE]]. Se ben a formación chegou a integrar un acordo de goberno no [[País Vasco]] con [[PNV]] e [[EA]], as disensións entre a ala de Bandrés e a máis nacionalista, que buscaba un achegamento con EA, levaron á súa disolución como partido. Bandrés integrouse no PSE, pero en [[1994]] abandona a formación local do [[PSOE]] e deixa a política.
 
===Logo da política===