Diferenzas entre revisións de «Juan María Bandrés»

→‎Exercicio da avogacía: remato de ampliar
(→‎Exercicio da avogacía: remato de ampliar)
 
===Exercicio da avogacía===
En [[1958]] instálase de novo en [[Donostia]] e comeza a traballar como avogado. Na década de [[1960]] comeza a defender perante o [[Tribunal de Orde Pública]] a diversos procesados, moitos deles militantes de [[Euskadi Ta Askatasuna]] (ETA), acusados de propagada ilegal e de actos non violentos. Pola súa defensa destes militantes, logo do primeiro asasinato de ETA (o do policía [[Melitón Manzanas]] en [[1968]] e do [[estado de excepción]] decretado posteriormente, o goberno de [[Francisco Franco]] destérrao a [[Purchena]] ([[provincia de Almería|Almería]]), durante tres meses. Nesa época ([[1963]]) comeza a traballar como analista político na revista ''[[Cuadernos para el Diálogo]]'', de orientación antifranquista.
 
Logo da deportación, continúa traballando como avogado de presos antifranquistas. En [[1970]] encárgase da defensa de [[Jokin Gorostidi]] e [[Itziar Aizpurua]], dous militantes de ETA naquel momento, que despois participarían en política en diversas formacións da esquerda [[abertzale]]. Foi no marco do [[proceso de Burgos]], un macroxuízo contra membros de ET, onde algúns, como Gorostidi, acabaron condenados a [[pena de morte|penas de morte]], conmutadas por penas de cárcere e, posteriormente, [[amnistía|amnistiados]] ao chegar da [[democracia]].
 
== Actividade política ==
Membro fundador de [[Euskadiko Ezkerra]], nas [[eleccións Xerais 1977 en España|primeiras eleccións democráticas]] sae escollido [[Senado de España|senador]] por [[Guipúscoa]], e integrouse no grupo parlamentario Senadores Vascos. Nas votacións na cámara sobre a [[Constitución Española]], posiciónase en contra ao non considerar que cumprise as expectativas nacionais do [[País Vasco]].
 
Neses últimos anos do franquismo e primeiros da democracia actúa como mediador entre [[ETA]], os gobernos e as familias dos secuestrados. Así, en [[1973]] participa en conversas para a liberación de Felipe Huarte, en [[1975]] co ministro franquista [[Manuel Fraga]], en [[1977]] co goberno de [[Adolfo Suárez]] (das que se derivaría a [[Lei de Amnistía política]]) e ese mesmo ano, en [[1977]], no fracaso da negociación para liberar o empresario vasco [[Javier de Ybarra]], que resulta finalmente asasinado. O asasinato de Ybarra é o detonante da súa ruptura co contorno etarra.
 
En [[1978]] foi nomeado conselleiro de Transportes e comunicacións no [[Conselljo Xeral do País Vasco]], o goberno preautonómico de [[Euscadi]]. Ao ano seguinte [[eleccións Xerais 1979 en España|1977]] foi elixido deputado no [[Congreso dos Deputados]], de novo pola circunscrición de [[Guipúscoa]] e por [[Euskadiko Eskerrra]], posto no que foi reelixido en [[eleccións Xerais 1982 en España|1982]] e en [[eleccións Xerais 1986 en España|1986]]. En [[1981]], sendo [[Ministerio do Interior de España|ministro do Interior]] [[Juan José Rosón Pérez]], participou a canda [[Mario Onaindia]] nas conversas que deron lugar a un plan de reinserción social para presos de ETA sen delitos de sangue e á disolución de [[ETA–pm]] (VII asamblea) o [[30 de setembro]] de [[1982]]<ref>Gaizka Fernández Soldevilla, [http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3401994 ''Agur a las armas. EIA, Euskadiko Ezkerra y la disolución de ETA político-militar (1976-1985)''], en ''Sancho el Sabio. Revista de cultura e investigación vasca'', ISSN 1131-5350, Nº 33, 2010, pp. 55-96. Consultado: 08-3-2011.</ref>, En [[1989]] abandona o Congreso para concorrer aos [[Eleccións ao Parlamento Europeo 1989|comicios europeos]], onde é elixido como cabeza da coalición [[Esquerda dos Pobos]], formada entre outros por [[Euskadiko Eskerra]], [[PSG-EG]], ou a [[Chunta Aragonesista]]. Integrouse no grupo parlamentario dos nacionalistas e verdes no [[Parlamento Europeo]].
 
En [[1991]] saíu elixido presidente de [[Euskadiko Eskerra]] e iniciou un achegamento ao [[PSE]]. Se ben a formación chegou a integrar un acordo de goberno no [[País Vasco]] con [[PNV]] e [[EA]], as disensións entre a ala de Bandrés e a máis nacionalista, que buscaba un achegamento con EA, levaron á súa disolución como partido. Bandrés integrouse no PSE, pero en [[1994]] abandona a formación local do [[PSOE]] e deixa a política.
 
===Logo da política===
En [[1995]] foi escollido presidente da [[Comisión Española de Axuda ao Refuxiado]] (CEAR). Dous anos máis tarde ([[1997]]) sofre un [[derrame cerebal]] que o deixará incapacitado para o resto da súa vida.
 
== Galardóns ==
* [[1984]]. Premio Memorial Juan XXIII, outorgado por Pax Christi Internacional.
* [[1998]], Premio [[Olof Palme]]
* [[1998]] [[Gran Cruz da Orden Civil da Solidariedad Social]]
* [[2001]]. O CEAR institúe o Premio Juan María Bandrés á Defensa do Dereito de Asilo e á Solidariedade cos Refuxiados.
* [[2009]] a distinción [[Lan Onari]], outorgada polo [[Goberno Vasco]]. <ref>[http://www.lehendakaritza.ejgv.euskadi.net/r482312/es/contenidos/informacion/distinc_lan_onari/es_451/lan_onari_c.html Galardonados con la distinción Lan Onari]</ref>
 
== Notas ==