Péptido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 29:
Nesta reacción, o núcleo coloreado de dinitrobenceno únese ao átomo de nitróxeno do aminoácido para producir un derivado amarelo, o derivado 2,4-dinitrofenil ou DNP-aminoácido. O composto DNFB reaccionase co grupo amino libre do extremo amino dun polipéptido, así como tamén cos grupos amino dos aminoácidos libres. A ligazón C – N que se forma é polo xeral moito máis estable que unha ligazón peptídica. Desta forma, facendo reaccionar unha proteína nativa ou un polipéptido intacto co DNFB, hidrolizando a proteína en ácido e illando os DNP-aminoácidos coloreados, pode identificarse o grupo amino terminal do aminoácido nunha cadea polipeptídica. O grupo amino-terminal da lisina e algúns outros grupos funcionais das cadeas laterais tamén reaccionasen co DNFB.
 
Con todo, despois da [[hidrólise]], só o derivado do grupo amino terminal do aminoácido orixinal terá o seu grupo α-amino bloqueado; así mesmo, tales DNP-α-aminoácidos poden separarse doutros derivados DNP mediante procedementos de extracción simples. Con calquera dos variados métodos [[cromatografía|cromatograficoscromatográficos]] poderase identificar aos DNP-α-aminoácidos
 
[[Ficheiro:pept1.jpg]]