Cibrán de Cartago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: sq:Çipriani i Kartagjenës
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 7:
Durante a persecución de [[Decio]] fuxiu de Cartago, pero seguiu dirixindo a súa comunidade dende o seu refuxio. Con todo, os seus inimigos acusárono a [[Roma]], por covardía e abandono, recibindo a amoestación do [[Papa]]. Pasada a persecución, produciuse un cisma na súa igrexa entre os que defendían a acollida e o perdón aos que abxuraran da súa fe por temor á persecución e os que puñan trabas ao retorno á comunidade deses fieis máis febles (os denominados ''lapsi'': caídos). Cibrán convocou un concilio en Cartago, que esixiu un serio arrepentimento e que para aqueles que chegaran a render culto ao Emperador só habería unha admisión na proximidade da súa morte. O debate foi tan intenso que os partidarios da misericordia sen condicións elixiron un novo bispo chamado Fortunato. Pola súa banda os partidarios dunha dura inflexibilidade proclamaron bispo a Máximo. Isto colocou a Cibrán nunha posición de moderación entre as dúas correntes: suavizou as condicións para os arrepentidos pero os cregos que abxuraran no poderían voltar a desempeñar os seus cargos. A súa posición fortaleceuse cando tras unha gran praga de tifos e a consecuente fame, se volcou na pregaria e na atención aos esfameados e necesitados. Animou aos cristiáns a socorrer aos pagáns.
 
As polémicas non remataron aí. Posteriormente enfrontouse ao Papa [[Estevo I, Papa|Estevo I]] cando este admitiu a validez do [[bautismo]] impartido polos herexes. Para Cibrao a herexía era máis daninadaniña que a persecución e a tortura, pois estas reafirmaban a fe pero a herexía a desdebuxaba. Cibrán resultou ser máis duro na defensa da unidade da fe e da Igrexa que o propio bispo de Roma, que reivindicou para si a autoridade de [[Pedro, papa|Pedro]] e desautorizou o radicalismo das comunidades africanas. Cibrán defendeu con contundencia as tradicións da súa igrexa cartaxinense. Paradoxalmente, unha nova herexía o [[donatismo]] acubillaríase nos escritos de Cibrán nestas disputas co papado.
 
Finalmente unha nova persecución cohesionaría a posición dos bispos. O Emperador [[Valeriano]] decretou a obriga para os cristiáns de sacrificar na súa honra o que desembocou na execución do papa [[Estevo I, papa|Estevo I]] e o seu sucesor [[Sisto II, papa|Sisto II]]. Nesta ocasión Cibrán non fuxiría: confesou a súa fe perante o procónsul Aspasio Paterno e foi desterrado a [[Cucubis]] no ano [[257]]. Un ano despois foi confinado na súa propia vila. O 15 de setembro do 258 o procónsul [[Galerio]] condenábao a morrer á espada.
 
==Pensamento==
Cibrán non abordou a especulación nin se elevou ata grandes tratados doutrinais, os seus escritos están ateigados de preocupacións prácticas cotiás na axitada vida das comunidades cristiáns da época. Gran admirador de [[Tertuliano]], tíñao como mestre e fonte de inspiración, aínda que se afastaba del nalgúns puntos do seu pensamento. CondeouCondenou o espectáculo da loita entre gladiadores, demandou dos crentes xenerosidade no auxilio dos marxinados e solidariedade cos paganospagáns, teimaba en que a oración cristiá era comunitaria e afastada do individualismo e pregaba por todos os homes (é célebre o seu comentario sobre o [[Noso Pai]]). A súa principal obsesión foi a defensa da unidade da Igrexa universal (unha era a fe e un o pobo crente cimentado na concordia), o que non foi óbvice para que se amosara a prol da identidade da súa Igrexa africana. Louvou a virtude da humildade e a coherencia ata o martirio. As súas cartas son de grande utilidade para coñecer o [[latín]] común.
 
Cibrán fai unha severa autocrítica da Igrexa do seu tempo ata o punto de que a proba da persecución a atribuía á providencia divina para erguer a fe caída e aletargada que provocara volta ao [[pecado]] {{Cita|''Cada un buscaba engrosar a súa facenda e, esquecéndose da pobreza que practicaban os fieis en tempo dos [[apóstolo]]s e que sempre deberan seguir, non tiñan outra ansiedade que a de acumular bens cunha cobiza abrasadora e insaciable...Moitos bispos, que deben ser un estímulo e exemplo para os demais, desprezando o seu sagrado ministerio, empregábanse no manexo de bens mundanos e, abandonando a súa cátedra e a súa cidade, percorrían polas provincias extranxeirasestranxeiras os mercados a caza de negocios lucrativos, buscando amontoar diñeiro en abundancia mentres pasaban necesidade os irmáns da Igrexa|De lapsis'', 5-6}}
 
Aínda que firme partidario da unidade da Igrexa, Cibrán pasou á historia como un dos grandes defensores da autoridade do bispo, baseada na súa conductaconduta exemplar de pobreza, austeridade e solicitude polos marxinados e fundada na lexitimidade da súa elección polos fieis, ''cando un bispo substitúe a outro defunto, cando é elixido en paz polo voto do pobo, cando é protexido na persecución polo auxilio de Deus'' (Carta 59, VI, 1).
 
Deixou tamén valiosos testimuñostestemuños sobre os criterios para recoñecer a autoridade do bispo de Roma como sucesor de [[Pedro, papa|Pedro]] e a concepción do que logo sería o Papado. Así di que recoñece a autoridade do papa [[Cornelio]] porque {{Cita|...''non solicitou nin quixo o episcopado...Non fixo forza como outros para ser bispo, senón, ao contrario, sufriu violencia para aceptalo á forza. Foi elixido bispo por moitos colegas nosos...polo testimuño favorable de case todos os cregos, polo voto do pobo que alí estivo presente...|Carta'' 55,VIII,2-4}}
 
==Obras==
* ''De lapsi''.
* ''De opere et eleemosynis''.
* ''De habitu virginum''.
* ''De Catholicae Ecclesiae unitate''.
 
==Significación==