Comités: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
La Voz de Galicia non é unha referencia acreditada, cuido que é norma manter un ponto de vista neutral e o artigo orixinal non o mantiña.
Etiqueta: referencias eliminadas
mSen resumo de edición
Liña 1:
Os '''Comités''' é unha organización estudantil galega. Formada a partir da unión dos [[CAF]]-CAEF (Comités Abertos de Escola e Faculdade) e dos [[CAE]] (Comités Abertos de Estudantes)<ref>http://www.comitesabertos.org/glg/de_onde_vimos.php</ref>.
 
==Obxectivos==
Liña 5:
 
==Estrutura==
Ten unha estrutura confederal composta por organismos diferenciados para o ámbito de ensino medio e o universitario e outros de conxuntos en que os dous ambitos conflúen<ref>http://www.comitesabertos.org/fotos/1233592863_KBSH.pdf</ref>.
 
A célula básica da organización está composta polos comités de centro, formados por todas aquelas persoas que, nunha mesma escola, facultade ou instituto, decidan participar da organización.
Liña 17:
Os Consellos Nacionais (de Universidade e de Ensino Medio) son os máximos órganos executivos entre asembleas nacionais. Cada un deles é responsábel de efectivizar a liña política da organización no correspondente sector (ensino medio e universidade)
 
O Consello Confederal é o órgano conxunto responsábel da coordinación nacional dos dous ámbitos do ensino e está formado polos membros dos dous Consellos Nacionais<ref>http://www.comitesabertos.org/fotos/1310159056_oRBi.pdf</ref>.
 
A Asemblea Nacional, de carácter bianual, é o máximo órgano de decisión dos Comités da que poden participar todos os membros dos Comités.
 
==Historia==
As problemáticas endóxenas e exóxenas dos [[CAF]] e dos [[CAE]], e as dificultades dos [[CAE]] para ''manterse como unha organización forte e autónoma'' levaron a estas dúas organizacións a optaren pola confluencia nunha nova organización estudantil galega que, en maio de 2008, desembocaría na Asemblea Fundacional dos Comités<ref>http://www.comitesabertos.org/glg/de_onde_vimos.php</ref>.
 
==Notas==