Tomografía por emisión de positróns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
 
Prebot (conversa | contribucións)
Liña 1:
do inglés Positron Emission Tomography. O PET é unha técnica de imaxe médica da Medicina Nuclear que nace na década dos 70 pero non chega a clínica até os anos 90. O primeiro PET que chegou a Galiza foi o do Hospital Modelo de A Coruña, posteriormente o primeiro público foi parar o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
A técnica PET basease na inxeción dun trazador radiactivo por via intravenosa uns 30 minutos antes de obter a imaxe. Unha vez pasados estes minutos o paciente colócase no escáner PET e fica sen moverse durante alomenos 20 minutos. O fundamento físico ven na emisión de positróns (similares ós electróns pero con carga positiva) por parte dos isótopos radiactivos inxectados, unha emisión que se produce en diferentes puntos dependendo do fenómeno fisiolóxico que se pretende estudiar. Os positróns emitidos atopan no seu camiño electróns e producen unha aniquilación (partícula-antipartícula) que orixina dous fotóns de 511keV que se dirixen ós detectores do escáner coa información necesaria para coñecer os puntos onde a sustancia radiactiva foi depositada. Técnicas matemáticas complexas (métodos de reconstrución) permiten chegar a unha imaxe tridimensional na que se presenta a distribución do trazador (glucosa co isótopo F-18 é o máis usado, por exemplo en oncoloxía).
 
[[Category:Pendente categoría]]