Triosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Nova páxina: "150px|thumb|O D-[[gliceraldehido é unha aldotriosa porque ten un grupo aldehido.]] [[Ficheiro:Dihydroxyacetone.png|1..."
 
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
O gliceraldehido é unha [[aldosa]] porque leva o seu [[carbonilo]] (C=O) no extremo da molécula formando un grupo [[aldehido]]. O seu carbono 2 é [[carbono asimétrico|asimétrico]], polo que o OH pode estar orientado á esquerda ou á dereita, orixinando os seus dous isómeros D e L. De feito, as series de isómeros D e L dos monosacáridos determínanse por comparación da orientación do OH do seu último carbono asimétrico coa posición do OH do gliceraldehido.
 
A dihidroxiacetona carece de carbonos asimétricos, polo que non ten isómeros D e L. É unha [cetosa]], xa que leva o carbonilo (C=O) nun carbono interior da molécula, o 2, formando un grupo [[cetona]].<ref>{{cite web| title=Trioses - Three Carbon Sugars| publisher=Oxford University Press| accessdate=2011-07-10| url=http://www.oup.com/us/static/companion.websites/9780195305753/molecules/triose.html}}</ref>
{{AP|gliceraldehido|dihidroxiacetona}}
 
As triosas e os seus derivados fosfatados son moléculas importantes no [[metabolismo]]. Interveñen na [[glicólise]], xa que a frutosa-1,6-difosfato ([[hexosa]]) rompe encimaticamente orixinando gliceraldehido-3-fosfato e dihidroxiacetona -fosfato <ref>{{cite web| title=Glycolysis in Detail| publisher=Ohio State University at Mansfield| accessdate=2011-07-10| url=http://www.mansfield.ohio-state.edu/~sabedon/biol4025.htm}}</ref>. Un encima [[isomerase]] pode transformalos un no outro, e na glicólise a dihidroxiacetona-fosfato isomerízase a gliceraldehido-3-fosfato. No [[ciclo de Calvin]] da fase escura da [[fotosíntese]] orixínanse tamén triosas, que dan lugar á [[glicosa]] que sae do ciclo como produción neta de azucre, e á vez serven para rexenerar a ribulosa-1,5-difosfato, que pode iniciar un novo ciclo.
 
==Notas==