Diferenzas entre revisións de «Microsoma»

sen resumo de edición
{{entradución}}
En bioloxía os '''microsomas''' son formacións similares a [[vesícula]]s de 20 a 200 nm de diámetro, que se orixinan como artefactos creados por técnicas de laboratorio que rompen as células (homoxenización) <ref>Definición [http://www.uniprot.org/locations/SL-0166]</ref>. Están formados por fragmentos rotos do [[retículo endoplasmático]], principalmente, e doutros orgánulos celulares. Os microsomas non están presentes nas células vivas <ref name="Voet">{{cita libro |autor= Voet Donald, Voet Judith G. |título= Biochemistry |edición=3rd |ano= 2004 |editor= Wiley |isbn= 0-471-19350-x |páxina=1309}}</ref>. O termo foi acuñado polo biólogo belga e [[premio Nobel]] [[Albert Claude]] para designar un dos produtos da ultracentrifugación do [[fígado]] triturado. Os traballos pioneiros de fraccionamento celular con microsomas feitos por Albert Claude, [[Christian De Duve]] e outros foron fundamentais para coñecer as características dos [[orgánulos]] celulares e o descubrimento de novos orgánulos <ref> [http://www.encyclopedia.com/topic/Albert_Claude.aspx.] Albert Claude.</ref>
 
191.158

edicións