Diferenzas entre revisións de «Microsoma»

sen resumo de edición
Os microsomas poden ser concentrados e separados doutros restos celulares por [[centrifugación diferencial]], na que a mostra é sometida en máquinas ultracentrifugadoras a enormes forzas de gravidade, miles de veces superiores á aceleración da gravidade terrestre (''g''), para que os seus compoñentes sedimenten secuencialmente. As células que no proceso non romperon, xunto cos [[núcleo celular|núcleos]], e as [[mitocondria]]s sedimentan a 10.000 ''g'', mentres que os encimas solubles, e fragmentos do retículo endoplasmárico, que conteñen [[citocromo P450]], permanecen en disolución. Centrifugando a 100.000 ''g'', conséguese que sedimenten os fragmentos de retículo endoplasmático, que forman como gránulos no fondo do tubo da ultracentrífuga, pero os encimas solubles, debido ao seu menor peso molecular, permanecen aínda no sobrenadante. Desta maneira, pode concentrarse e illarse, por exemplo, o citocromo P450 presente nos microsomas. Os [[ribosoma]]s unidos aos microsomas poden eliminarse cun tratamento con [[tripsina]]. Os microsomas teñen unha cor castaña avermellada, debido á presenza no citocromo P450 do [[cofactor]] [[hemo]], que contén ferro. Os citocromos P450 (ou CYP) son unha superfamilia de encimas oxidativos especialmente abundantes no fígado de ratas, ratos e homes.
 
Os microsomas son unha valiosa ferramenta de investigación no estudo do metabolismo (inhibición encimática, identificación e eliminación de metabolitos) e para exames da interacción entre drogas ''in vitro''<ref>[http://xenotechllc.com/Products/Subcellular-Fractions/Human-Subcellular-Fractions/Human-Liver-Subcellular-Fractions/Human-Liver-Microsomes Human liver microsomes] Xenotech</ref>. Os investigadores a miúdo seleccionan lotes de microsomas baseándose no nivel de actividade encimática de citocromos P450 específicos. Algúns lotes son axeitados para investigar poboacións específicas obxecto de estudo (exemplos: microsomas de pulmón para estudar a fumadores e non fumadores) ou poden ser divididos en clasificacións para estudos de inhibición e metabólicos.
 
==Notas==
191.158

edicións