Enrique Campo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
ligazón a un dos seus cadros
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: movo ligazón interna para que quede máis claro
Liña 16:
 
== Traxectoria ==
Na súa familia, acomodada e vinculada coa arte a a cultura, cómpre recordar a [[Carlos Sobrino Buhigas]] e [[Fernando Campo Sobrino]], curmán e irmán de Enrique, respectivamente. O pai de Carlos Sobrino, o médico Luís Sobrino Rivas, foi membro fundador da Sociedade Arqueolóxica e a el debeuse a relación destes tres artistas (Carlos Sobrino e mais Enrique e Fernando Campo) con [[Casto Sampedro]].
 
Sendo aínda un rapaz entrou xa en relación con [[Casto Sampedro]], que en [[1894]] fundara a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. Casto Sampedro apreciou axiña a calidade dos debuxos de Enrique e a súa capacidade de traballo e de observación, ata o punto de nomealo socio de mérito da Sociedade o [[28 de decembro]] de [[1906]], con só 16 anos. Desde ese momento converteuse en debuxante oficial e colaborador habitual da mesma.
 
Enrique Campo debuxou centos de edificios, monumentos, [[petróglifo]]s, [[heráldica|escudos]] e distintas pezas de arte, ó longo das continuas viaxes que realizou por terras de Pontevedra, só ou acompañando os membros da Sociedade. Especialmente produtiva foi a viaxe que realizou desde maio a outono de [[1909]], xunto o gravador compostelán [[Enrique Mayer]], co propósito de recoller material para a Exposición Rexional Galega que [[Antonio López Ferreiro|López Ferreiro]], entre outros, organizou en [[Santiago de Compostela|Santiago]] a finais dese mesmo ano, e na que Enrique Campo foi designado delegado da sección arqueolóxica. Durante o percorrido escribiu un ''Diario'' no que detallaba os itinerarios seguidos: o Morrazo, Vigo, Tui, Baiona, Gondomar, O Porriño, Ponteareas, Salvaterra, Ribadavia, Melón, O Carballiño e Cea, para regresar por terras do Deza e o Ulla ata rematar en Santiago. No diario engadiu comentarios artísticos, topográficos e etnográficos, que publicou [[Xosé Filgueira Valverde|Xosé Filgueira]] en [[1944]].