Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-[[File: +[[Ficheiro: & -[[Image: +[[Ficheiro:)
Elvire (conversa | contribucións)
m amaño Victorious por causa de homonimia
Liña 77:
Ás 19:45 do [[21 de maio]] Lütjens botouse ao mar, separándose da súa escolta de destrutores a primeiras horas do [[22 de maio]]. Dirixíndose cara o norte, e posteriormente cara o noroeste a 24 nós, a frota alemá avanzou a bo ritmo e sen incidentes polo [[mar de Noruega]] cara o estreito de Dinamarca entre [[Islandia]] e [[Groenlandia]], a porta de entrada ao [[Atlántico]]. Este tortuoso curso ía en contra das recomendacións do Grupo Norte de entrar no océano pola ruta que ía entre Islandia e as [[illas Feroe]]. Tamén estaba demasiado ao sur para citarse co ''Weissenberg'' e repostar o ''Bismarck''. Porén, mentres estiveron en augas do [[círculo polar ártico]], o ''Bismarck'' e o ''Prinz Eugen'' non foron detectados polo recoñecemento aéreo británico, que estaba demasiado ao sur. Coa mente no asalto de convois, Lütjens agardaba unha ruptura doada no Atlántico axudada pola brétema, pero eses plans foron frustrados.
 
O recoñecemento aéreo por debaixo das nubes realizado pola Fleet Air Arm da [[Royal Navy]] o [[22 de maio]] comprobou que o ''Bismarck'' saira de Bergen. Con esta información a frota de combate da [[Home Fleet]], incluidos o acoirazado ''[[HMS King George V]]'' e o portaavións ''[[Victorious (portaavión)|Victorious]]'', fíxose á mar. Ao Escuadrón de Acoirazados, xa de camiño cara [[Islandia]], ordeóuselle cubrir o estreito de Dinamarca. Unha misión de bombardeo realizada o [[22 de maio]] pola [[RAF]] foi infructuosa, xa que os alemáns xa marcharan.
 
Na tarde do [[23 de maio]], a forza alemá foi detectada polos cruceiros pesados ''HMS Suffolk'' e ''Norfolk'', que estiveran patrullando o estreito de Dinamarca na espera dunha ruptura alemá. O ''Norfolk'', que se achegara demasiado aos barcos alemáns, foi atacado brevemente polos canóns pesados do ''Bismarck''. O ''Norfolk'' estivo a piques de quedar fora de combate cando un proxectil do ''Bismarck'' rebotou na auga e golpeou a ponte, pero non chegou a estoupar e non causou víctima algunha. Os cruceiros británicos, superados en capacidade de fogo polos alemáns, retiráronse a unha distancia segura e agocháronse do inimigo mentres chegaban as súas unidades máis pesadas. Porén, o rádar frontal do ''Bismarck'' comezou a fallar debido ao retroceso dos disparos dos seus canósn durante a escaramuza, polo que Lütjens víuse na obriga de ordear ao ''Prinz Eugen'' que se adiantase para que o seu rádar lle proporcionase covertura ao escuadrón. Esta decisión confundiu posteriormente aos británicos sobre a identidade dos barcos alemáns, xa que as súas siluetas eran semellantes.