Diferenzas entre revisións de «Atol Enewetak»

m
Bot: Substitución automática de texto (-coor dm +Coordenadas)
m (r2.7.1) (Bot: Engado: ko:에네웨타크 환초)
m (Bot: Substitución automática de texto (-coor dm +Coordenadas))
| Nº de illas || 40
|-
| Coordenadas || {{coor dmCoordenadas|11|30|N|162|20|E|}}
|-
| Maior Altura ||
Os residentes locais foron evacuados, forzosamente, e o atol foi utilizado para probas [[nucleares]]. Os corpos dos soldados estadounidenses mortos na Batalla de Enewetak e enterrados alí foron exhumados antes de que comezaron as probas e regresaron aos Estados Unidos para volver ser enterrados polas súas familias. Ao redor do 43 probas nucleares foron realizadas en Enewetak desde 1948 ata 1958. A primeira proba da [[bomba de hidróxeno]], cuxo nome en código era [[Ivy Mike]], celebrouse a finais de 1952, e vaporizou o illote de [[Elugelab]]. Esta proba incluíu o uso de avións [[B-17 Flying Fortress]] para voar a través da [[choiva radioactiva|nube radioactiva]] co fin de analizar mostras a bordo.
 
Aos residentes locais permitíuselles regresar na década de 1970 e o 15 de maio de 1977, o goberno dos Estados Unidos ordeou aos militares a descontaminación das illas. Isto fíxose mediante a mestura da terra contaminada e dos residuos das distintas illas, con [[cemento Portland]] que enterrouse nun dos cráteres da explosión. O cráter atopábase no extremo norte de [[Runit]] {{coor dmCoordenadas|11|33|N|162|20|E}}, que é unha illa no lado este do atol. Isto converteu o cráter nun montículo esférico de 25 m. de alto que cubríuse cunha grosa capa de cemento de 46 cm., chamado "Cactus Dome". O goberno dos Estados Unidos declarou ás illas seguras para vivir en 1980.
 
En [[2000]], os habitantes de Enewetak foron indemnizados con 340 millóns de dólares en danos e prexuízos por perda de uso da terra, o desprazamento forzado e os problemas de de saúde entre a poboación. Esta indemnización non inclúe a suma anual de 6 millóns de dólares, que paga o goberno dos EE.UU. para a educación e a saúde nas Illas Marshall.
12.606

edicións