Galeón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Enlaces externos +Ligazóns externas)
lig int
Liña 11:
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Spanish Galleon.jpg|thumb|200px|Galeón español por [[Alberto Durero]]]]
As proporcións dos buques do século XIV e XV obtíñanse a partir da vella fórmula catalá ''tres, dúas e as'', é dicir, [[eslora]] tripla que a [[manga]] e esta dobre que o [[puntal]], para o galeón pásase ao 4:2:1, algo máis curto e ancho que unha galera e máis longo e menos alto que unha nave, aínda que esta altura era elevada notablemente pola presenza dun considerable acastillaxe (cubertas e estruturas elevadas usadas como plataforma de tiro) a proa e a popa, característica que herdaron das galeras, pero o elemento máis típico que conservaron destas é o espolón que se prolonga no longo [[bauprés]], aínda que xa desprovisto da súa función ofensiva e sen reforzos de [[ferro]], pasando a converterse progresivamente en [[beque]]s: plataforma abalconada desde a que se manobra a [[enxarcia]] da proa e que alberga os xardíns ou letrinas da tripulación. Nun manuscrito veneciano do século XVI descríbense as dimensións dun galeón: eslora entre perpendiculares 41,3 m, eslora na [[quilla]] 30,5 m, manga 10 m.