Diferenzas entre revisións de «Interacción nuclear forte»

sen resumo de edición
m (r2.7.1) (bot Engadido: oc:Força nucleara fòrta)
Os efectos desta [[forza]] só se aprecian a distancias moi pequenas, (da orde de 1 [[Femtómetro|fm]]), o tamaño dos núcleos atómicos, e non se perciben para distancias maiores a 10-15 [[Femtometro|fm]]. É a forza que mantén unidos ós [[nucleón]]s (partículas nucleares, [[protón]] e [[neutrón]]) no núcleo atómico, malia a repulsión [[Interacción electromagnética|electromagnética]] entre partículas [[Carga eléctrica|cargadas]] do mesmo signo.
 
Actualmente, a teoría da [[cromodinámica cuántica]] (QCD) explica as interaccións fortes entre partículas nucleares en términos da "forza de cor" entre [[quark]]s e [[antiquark]]s (as partículas constituíntes dos protónesprotóns e neutrónesneutróns). Ós quarks e antiquarks, ademais de carga eléctrica, asígnaselles unha característica nova, a "carga de cor" e a interacción forte entre eles transmítese mediante outras partículas, os [[gluón]]s. Estes son electricamente neutros, aínda que tamén teñen "carga de cor" e por iso tamén están sometidos á forza forte.
 
A forza entre partículas con carga de cor é moi forte, moito máis que a electromagnética. A forza que mantén unidos protóns e neutróns no núcleo é a forza residual entre os quarks e os gluóns que compoñen ditas partículas (viría ser un efecto paralelo ó das forzas de ligazón entre átomos para formar moléculas fronte á interacción eléctrica entre as cargas eléctricas que os forman: protóns e electróns, pero a súa natureza é totalmente distinta). Anteriormente considerábase que esta forza residual era a forza forte, pero agora asúmese que a forza de cor entre quarks é a fundamental (De xeito semellante, as forzas interatómicas son un reflexo da forza electromagnética entre cargas, que é a fundamental).
191.649

edicións