Cordilleira do Cáucaso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MystBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Modifico: fr:Géographie du Caucase
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: ku:Çiyayên Qefqazê; cambios estética
Liña 5:
A '''cordilleira do Cáucaso''' é unha cadea de montañas de 1.200 km entre o [[mar Negro]] e o [[mar Caspio]], frecuentemente considerada o limite do extremo sudeste da [[Europa]]. Forma dúas cadeas distintas:
 
* O '''Gran Cáucaso''' esténdese de [[Sochi]], nas marxes do nordeste do mar Negro, ao leste-sudeste, alcanzando o [[mar Caspio]] preto de [[Bakú]]. Na maior parte da súa extensión, forma a fronteira natural da [[Rusia]] coa [[Xeorxia]] e [[Acerbaixán]]. Os picos do Gran Cáucaso inclúen o [[monte Elbrus]], con 5.642 m que o converten na montaña máis alta de Europa.
 
* O '''Pequeno Cáucaso''' esténdese paralelamente ao Grande Cáucaso, a unha distancia media de 100 km ao sur. As fronteiras da Xeorxia, [[Armenia]] e do Azerbaixán corren a través desa cadea, a pesar de que as crestas non definen a fronteira de maneira xeral.
 
== Xeografía ==
A cordilleira, rectilínea, medra en altitude a 300 km do [[estreito de Kerch]] e culmina, na súa parte central, en vastos [[volcán]]s xeados:
 
* o [[Elbrus]] 5.642 m (Rusia "europea")
* o [[Dykh Tau]] 5.203 m (Rusia "europea")
* o [[Chkhara]] 5.058 m (Xeorxia/Rusia)
* o [[Kazbek]] 5.047 m (Xeorxia)
* o [[Usba]] 4.695 m
* o [[Uipata]] 4.638 m
 
En tanto que o '''Cáucaso central''' está cuberto por numerosas xeleiras, o '''Cáucaso occidental''' está cuberto por fragas, e o '''Cáucaso oriental''', máis baixo e seco, é unha rexión case desértica. O contraste é menos visible entre os flancos norte e sur.
Liña 23:
O Cáucaso non presenta vales lonxitudinais susceptíbeis de atenuar o seu papel de obstáculo. No centro, pode ser cruzado por diversas estradas, como a do val do Tarek, que leva ao Paso da Cruz (2.388 m). Entre o Grande e o Pequeno Cáucaso, a Transcaucasia esténdese por 700 km, entre o [[mar Caspio]] e o [[mar Negro]]. É unha rexión complexa, que asocia cuncas ben desenvolvidas: a Colchida ó oeste e a planicie do Acerbaixán ó leste. No centro, os corredores paralelos da [[Kura]], do Iori e do [[Alazani]], asi como a planicie de [[Gori]], superpóñense entre 150 e 700 m. Ao sur, as montañas da Xeorxia e da Armenia constitúen o terceiro sector do Cáucaso, o '''Pequeno Cáucaso''', cunha altitude media de 2.000 m. A cadea é, porén, interrompida por vastos macizos volcánicos; a oeste do [[lago Sevan]], o [[monte Aragats]] (80 km de longo) constitúe a parte máis elevada do macizo de [[Alaghez]] (4.095 m), punto cumio do ''Pequeno Cáucaso'', na Armenia.
 
== Recursos naturais ==
O Cáucaso posúe xacementos de [[Metal (material)|metais]] non [[ferro]]sos e reservas de [[petróleo]] (Azerbaixán e rexións de Maikop e de [[Grozni]]).
 
Liña 56:
[[ka:კავკასიონი]]
[[ko:캅카스 산맥]]
[[ku:Çiyayên Qefqazê]]
[[la:Caucasus]]
[[lb:Kaukasus]]