Diferenzas entre revisións de «Tetrapirrol»

sen resumo de edición
Un '''tetrapirrol''' é un composto que contén catro aneis [[pirrol]]. Coa excepción da [[corrina]], os catro aneis pirrólicos están interconectados por medio de pontes dun carbono, que poden ser [[metino]] ou [[metileno]] (tamén chamado meteno), tanto con disposición linear coma cíclica. Debido á súa capacidade de formaren complexos metálicos e aos seus dobres enlaces conxugados que absorben luz, estes compostos son moi importantes nos sistemas biolóxicos.
 
==Tipos==
Os tetrapirroles lineares ([[bilano]]s) presentan tres pontes dun carbono. Entre eles están:
Poden ser de dous tipos: lineares e cíclicos.
 
Os tetrapirrolestetrapirrois lineares ([[bilano]]s) presentan tres pontes dun carbono. Entre eles están:
* Produtos da degradación do grupo [[hemo]], como por exemplo os pigmentos biliares como a [[bilirrubina]].
* As [[ficobilina]]s, pigmentos captadores de luz propios das [[cianobacteria]]s, como a ficocianobilina e a ficoeritrobilina.
[[Ficheiro:Phycocyanobilin2.svg|thumb|left|Un exemplo de tetrapirrol linear é a [[ficocianobilina]].]]
 
Os tetrapirrolestetrapirrois cíclicos presentan catro pontes dun carbono. Entre eles están:
* As [[porfirina]]s. Por exemplo o [[hemo]], que deriva da protoporfirina IX e contén ferro, e forma o [[grupo prostético]] da [[hemoglobina]], mioglobina, citocromos, catalases e peroxidases.
* As [[clorina]]s. As máis importantes son as [[clorofila]]s, por exemplo a clorofila ''a'', que tamén conteñen unha protoporfirina IX modificada e presentan magnesio.
187.871

edicións