Calor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Calq (conversa | contribucións)
Liña 6:
 
Tradicionalmente a cantidade de enerxía transmitida por este medio mídese en [[caloría]]s. Para a súa conversión ó [[Sistema Internacional]], unha [[caloría]] equivale a 4,186 [[Joule|J]].
 
== Calor específica ==
A [[calor específica]] é a enerxía precisa para elevar 1 [[grao Celsius|°C]] a [[temperatura]] dun gramo de materia. O concepto de [[capacidade calorífica]] é análogo a este, pero para unha [[masa]] dun [[mol]] de substancia (neste caso é necesario coñecer a [[estrutura química]] da mesma).
 
A calor específica é un parámetro que depende do material e relaciona a calor que se proporciona a unha masa determinada dunha sustancia co incremento de temperatura:
 
:<math>Q = m \int_{T_{\mathrm i}}^{T_{\mathrm f}} c \, \mathrm d T </math>
 
onde:
* <math>Q</math> é a calor aportada ao sistema.
* <math>m</math> é a masa do sistema.
* <math>c</math> é a calor específica do sistema.
* <math>\Delta T</math> é o incremento de temperatura que experimenta o sistema.
 
As unidades máis habituais de calor específica son J · kg<sup>-1</sup> · K<sup>-1</sup> e cal · g<sup>-1</sup> · °C<sup>-1</sup>.
 
A calor específico dun material depende da temperatura; non obstante, en moitos procesos termodinámicos, a súa variación é tan pequena que pode considerarse que a calor específica é constante. Tamén se diferencia do proceso que se leva a cabo, distinguíndose a "calor específica a presión constante" (nun [[proceso isobárico]]) e "calor específica a volume constante (nun [[proceso isocórico]]).
 
:<math>Q = m \cdot c \cdot \Delta T</math>
 
Desta forma, e recordando a definición de caloría, tense que a calor específica da auga é aproximadamente:
 
:<math>c_{H_2O} = 1 \,\mathrm{\frac{cal}{g \cdot {}^\circ C}}</math>
 
=== Calor específica molar ===
A calor específica dunha substancia é un índice importante da súa constitución molecular interna, e dá información dos detalles da súa ordenación molecular e forzas intermoleculares. Neste sentido, con frecuencia é moi útil falar de calor específica molar denotado por '''c<sub>m</sub>''', e definido como a cantidade de enerxía necesaria para elevar a temperatura dun [[mol]] dunha substancia un grao, é dicir:
 
:<math>c_m = {Q \over {n\Delta T}}</math>
 
onde n indica a cantidade de moles.
 
=== Capacidade calorífica ===
A [[capacidade calorífica]] dunha substancia é unha magnitude que indica a maior ou menor dificultade que presenta dita substancia para experimentar cambios de temperatura baixo o subministro de calor. Denótase por <math>C</math>, acostúmase medir en [[joule|J]]/[[kelvin|K]], e defínese como:
 
:<MATH>C = \frac Q{\Delta T}</MATH>
 
[[Categoría:Física]]