Hans Kelsen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: bo:ཧན་སེ་ཁལ་སེན།; cambios estética
Liña 1:
'''Hans Kelsen''', nado en [[Praga - Praha|Praga]], [[República Checa]], o [[11 de outubro ]] de [[1881]] e finado en [[Orinda]], [[California]], o [[19 de abril]] de [[1973]], foi un xurista [[Estados Unidos de América|estadounidense]] de orixe [[Austria|austríaca]]. Creou a «teoría pura do Dereito», o [[normativismo]] e o principio da [[pirámide das normas]].
 
Kelsen pertenceu ao movemento do [[positivismo xurídico]], que é unha corrente do [[positivismo]] xeral, fundada por [[Augusto Comte]]. Ensinou no Juridicum de [[Viena]] entre [[1911]] e [[1929]]. Veuse obrigado a fuxir de [[Austria]] logo do [[Anschluss]] a causa da súa ascendencia xudía, exiliándose aos Estados Unidos onde se inclinou polo dereito teórico.
 
== A teoría pura do Dereito ==
Para Kelsen a [[lei]] é [[norma]] positiva (é dicir, "posta" polos homes e non por un ser transcendente). Por outra banda, a norma é relativa, sen fundamento algún na [[Verdade]]. Non se pode falar, desde a súa perspectiva, dunha [[lei natural]], polo menos non no ámbito xurídico. Segundo a teoría de Kelsen, o [[Dereito]] está constituído só e exclusivamente das normas positivas e válidas do [[ordenamento xurídico]], sexa cales fosen os preceptos que conteñan. De aí que a súa teoría sexa denominada [[Doutrina Pura do Dereito]], como unha das súas obras máis coñecidas. Consonte o pensamento kelsiano o ordenamento xurídico é o obxecto do dereito, non outro.
 
== Normativismo e [[pirámide das normas]] ==
Hans Kelsen fundou a escola [[normativismo|normativista]] e figurou na orixe da teoría chamada [[pirámide das normas]]. Esta teoría dotou dunha base obxectiva e [[laico|laica]] ao ordenamento das diferentes fontes do [[dereito]], asegurando así unha explicación racional ao principio de [[xerarquía das normas]]. O principio fundamental desta teoría apóiase sobre a idea de [[conformidade]]. De xeito que unha norma inferior válida non pode ser contraria á norma inmediatamente superior. Se tal fose o caso, un contencioso podería desembocar na «anulación» ou na «corrección» da norma inferior contraria inválida.
 
Esta sinxela e elegante consideración teórica permite explicar e favorecer a aparición do control constitucional nos países [[Occidental|occidentais]] nos que esta práctica era descoñecida, nomeadamente en [[Europa]]. Nos Estados Unidos practicábase este tipo de control desde inicios do [[século XIX]].
 
Na cimeira da pirámide, o autor coloca unha norma hipotética fundamental (''Grundnorm''), que asegura a coherencia do conxunto, aínda que ao prezo, porén, de recorrer a unha ficción xurídica. O carácter hipotético desta norma levou aos seus detractores a afirmar que o autor non fora capaz de se desprender dos [[postulado]]s do [[Dereito natural]], segundo os cales a lexitimidade do dereito emana da [[divindade]] ou da mesma [[natureza]].
 
Consciente destas crítica, Kelsen procedeu a efectuar importantes refundicións da súa teoría, se ben se distinguen, polo xeral, dúas épocas na súa obra: antes e despois do exilio norteamericano.
 
== Alén do Dereito ==
Alén das contribucións de '''Hans Kelsen''' á ciencia xurídica, o xurista descorreu, tamén profusamente, sobre política, socioloxía e relixión. Foi un respectado teórico da democracia.
 
== Influencia ==
Kelsen colaborou na redacción da [[Constitución de Austria]] de 1920.
 
A difusión internacional do pensamento de Hams Kelsen fixo del unha saliente figura da teoría xeral do dereito no [[século XX]].
 
== Obras ==
* ''Teoría xeral do Estado'', ([[1934]]).
* ''Natureza e Sociedade'', ([[1945]]).
* ''The Law of the United Nations'', ([[1951]]).
* ''Principles of International Law'', ([[1952]]).
* ''A Democracia''.
* ''Dereito Internacional e Estado Soberano''.
* ''Xurisdición Constitucional''.
* ''O Estado como integración''.
* ''Teoría comunista do Dereito''.
* ''Teoria xeral das normas''.
* ''O problema da xustiza''.
* ''Teoria pura do Dereito''.
* ''Teoria xeral do Dereito e do Estado''.
* ''A ilusión da Xustiza''.
* ''Que é xustiza?''.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Estado Social]].
* [[Carl Schmitt]].
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://plato.stanford.edu/entries/lawphil-theory/ Enciclopedia Standford de Filosofía: artigo ''The Pure Theory of Law.''] (en inglés)
* [http://www.bibliojuridica.org/libros/2/970/12.pdf ''Forma de Estado y visión del mundo'', de Hans Kelsen] (en castelán)
* [http://www.bibliojuridica.org/libros/2/970/5.pdf ''Kelsen y Max Weber''], de [[Norberto Bobbio]] (en castelán)
* [http://www.univie.ac.at/staatsrecht-kelsen/ Hans Kelsen Institut Wien (Werke, Lebenslauf, Forschung)] (en alemán)
* [http://www-bunken.tamacc.chuo-u.ac.jp/scholar/morisue/datei.htm ''Inventario de las obras completas de Hans Kelsen''] (en castelán)
 
[[Categoría:Personalidades da filosofía do dereito|Kelsen, Hans]]
 
[[bo:ཧན་སེ་ཁལ་སེན།]]
[[ca:Hans Kelsen]]
[[cs:Hans Kelsen]]