Vida Gallega: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: es:Vida Gallega |
Xas (conversa | contribucións) outro dato |
||
Liña 1:
{{Título en cursiva}}
'''''Vida Gallega''''' foi unha revista mensual gráfica que fundou [[Jaime Solá Mestre]] en [[Vigo]]. O primeiro número saíu en xaneiro de [[1909]] con portada de [[Castelao]] e o último en [[1938]], publicándose un total de 697 números
==Características==
Apareceu co carácter de "ilustración regional" e co afán de dotar a Galicia dunha revista gráfica de prestixio e calidade. As súas páxinas centrais impresas en ocogravado foron unha crónica do acontecer diario da vida galega, con abundante material gráfico, especialmente do propio Jaime Solá, e de [[Xosé Gil y Gil|Xosé Gil]], o seu primeiro director artístico. Colaboraron tamén os máis sinalados fotógrafos das cidades, retratistas das vilas e afeccionados á fotografía. Na revista apareceron os máis importantes acontecementos sociais e políticos que se sucederon en Galicia e nas nas comunidades de emigrantes galegos (Portugal, Madrid, Sudamérica). Entre os seus colaboradores estiveron [[Roberto Padín Rodríguez]] cos seus debuxos (foi subdirector entre 1924 e 1927) e [[Manuel Lustres Rivas]].
Tivo unha segunda época entre [[1954]] e [[1963]] cando [[Xosé Iglesias Presa]] adquire a revista. Nesta etapa editáronse 77 números. A fins de 1956 a sede trasladouse a cidade de Lugo.
|