Adverbio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{Clases de palabras}}
O '''adverbio''' é a [[clase de [[palabra]] que actúa como [[núcleo]] do [[Sintagma adverbial]]. Adoita engadir información circunstancial ao verbo, e algúns ata a toda a oración, xa sexa de tempo, de modo, de lugar, de dúbida<sup>1</sup>, de afirmación<sup>1</sup>, de negación<sup>1</sup>... Neses casos considérase que funciona como modificador a nivel de sintagma verbal (fíxeno doadamente) ou nivel clausal (sinceramente,...). As funcións sintácticas do adverbio son, á parte da de núcleo de [[sintagma adverbial]], as de [[complemento circunstancial]] do verbo, as de cuanificador, grao ou modificador do adxectivo ("''moi'' bo") e as de cuantificador doutro adverbio ("''bastante'' preto"). Algúns adverbios poden funcionar como predicados dirixidos cara a un suxeito e xunto a unha cópula verbal ("está ''divinamente''")
 
O adverbio de modo pode formarse mediante a colocación do sufixo "-mente" ao final dalgúns adxectivos femininos. Por exemplo: ''soa'' (adxectivo) > ''soamente'' (adverbio). Tamén poden formarse compostos parasintéticos adverbiais agregando o prefixo ''a-'' e o sufixo ''-as'': ''Ás agachadas'', ''ás cegas''... Algúns sintagmas preposicionais así mesmo foron lexicalizados como adverbios: ''a posta'' > ''aposta''.